Gallaeciae Monumenta Historica (GMH)

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Gallaeciae Monumenta Historica (GMH)

Mensaje por serba »

Buenos días:
Tenemos a nuestra disposición una fascinante web de consultas, sin palabras: ¡más que impresionante! Una felicitación extraordinaria por el trabajo que han realizado.
Na biblioteca do CCG. Xoves 15, ás 12:30 horas
Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, s/n. Santiago

O Consello da Cultura Galega presentará en rolda de prensa Gallaeciae Monumenta Histórica. É un proxecto que ten por obxectivo dixitalizar e poñer na rede o amplo corpus de documentación medieval de Galicia, así como os textos de ámbito académico con el relacionado. Este repositorio permitirá a busca cruzada en miles de documentos co que se pode coñecer a Galicia medieval a través dos seus protagonistas, as temáticas e os lugares aos que aluden. Na rolda de prensa daranse conta dos traballos de dixitalización e metaetiquetado así como da relevancia dos materiais que se poñen a disposición dos usuarios.

Intervirán:
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega
Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega
Manuel Gago, técnico e coordinador do proxecto
http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200261
GMH - Gallaeciae Monumenta Histórica. http://gmh.consellodacultura.org
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Gallaeciae Monumenta Historica (GMH)

Mensaje por serba »

http://consellodacultura.gal/noticia.ph ... uote][b]Os contidos[/b]
Este proxecto é a continuación dunha liña de traballo iniciada nos noventa polo Consello da Cultura Galega coa colección editada en papel baixo o título“Fontes documentais para a historia de Galicia”. Dela inclúense un total de nove publicacións que suman máis de tres mil documentos. Entre eles destacan os Documentos da Catedral de Lugo. Século XV (1400-1500), que ilustran a actividade do cabido e do bispo lucense, algúns aspectos da vida diocesana e mesmo algúns dos moitos sucesos conflitivos do século XV; ou Os documentos do Tombo de Toxos (1038-1334), que son case 800 escritos, desde a crónica da fundación ata sinxelas relacións de bens pasando por solemnes privilexios reais. Canda eles inclúense O libro do subsidio (1500), documentación estatística que contabiliza as taxas pagadas pola Igrexa de Santiago ao Papa e ao Rei; o Minutario notarial de Pontevedra (1433-1435), un dos escasos exemplos conservados de libros notariais en Galicia, que reflicte a viveza da sociedade; O Libro de notas de Álvaro Afonso recolle o dinamismo urbano, os pequenos feitos do día a día, os negocios, a administración das entidades relixiosas e civís. Pola súa banda, o Libro de feudos e documentación medieval AHDS (1309-1470) recolle as homenaxes que permitiron a distintas familias de cabaleiros erguer castelos e sentar as bases do seu poder na Terra de Santiago. Os Fragmentos de notarios (Séculos XIV-XV) son dous mazos de escrituras de diferentes autores e cronoloxías procedentes de diversas notarías de Ourense, cunha gran riqueza e variedade de contido. Tamén se inclúe o Libro do concello de Santiago (1416-1422), que é o códice máis antigo que se conserva deste concello e que achega datos sobre a vida urbana: urbanismo, finanzas, exercicio da xustiza, seguridade pública, comercio. Esta primeira parte remata coa inclusión da Colección Diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo.[/quote]
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Gallaeciae Monumenta Historica (GMH)

Mensaje por serba »

El Ourense medieval llega a la red con la ‘Gallaeciae Historica'
La digitalización de documentos del medievo facilita búsquedas por personas, materias y topónimos
http://www.laregion.es/articulo/ourense ... 18369.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Gallaeciae Monumenta Historica (GMH)

Mensaje por serba »

Alexandra CABANA OUTEIRO:

Fontes editadas para a Historia Medieval de Galicia. Os últimos vinte e cinco anos (1986-2011).
Gallaeciae Monumenta Historica - Consello da Cultura Galega.

http://gmh.consellodacultura.org/filead ... iriais.pdf
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Gallaeciae Monumenta Historica (GMH)

Mensaje por serba »

Dereitos e deberes na Galicia Medieval

Novos contidos en Gallaeciae Monumenta Historica. Son as cartas forais outorgadas por reis e señores ás vilas e territorios galegos, definindo o funcionamento da xustiza, das actividades económicas ou os delictos, e que marcaron a vida diaria dos galegos da Idade Media. Son un pequeno pero moi valioso conxunto de documentos de entre os séculos XII e XIV editado polo profesor Faustino Martínez.

http://consellodacultura.gal
http://gmh.consellodacultura.org/catalogo/ficha/f/104
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

GMH: novos contidos

Mensaje por serba »

Novos contidos en Gallaeciae Monumenta Historica, desta volta parte da documentación que se conserva do arcebispo de Santiago de Compostela Xoán García Manrique, un mandato atribulado e pouco documentado de finais do século XIV.

http://consellodacultura.gal
http://gmh.consellodacultura.gal/catalogo/ficha/f/109
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder