Boas tardes,
Ando na procura dos datos de filiación dos pais (Nome, apelidos e natureza) de: Antonio de Arostegui (falecido no 12 de abril de 1827, Ferrol. Libro: 9, Folio: 50, Nº: 0) que se atopan no arquivo de S. Xiao en Ferrol.
De novembro até o día de hoxe non tiven resposta do persoal (mail el tlf) e descoñezo se é por mor de falta de tempo ou ganas.
Se alguén ten pensado ir ao arquivo a corto-medio prazo, rogaríalle que se poña en contacto conmigo para concertar este servizo. Quedaríalle moi agradecido.
Un cordial saúdo e grazas.