Corneiro

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Corneiro

Mensaje por Milleiro »

Actualmente só aparece unha persoa con este apelido no concello de Os Blancos (Ourense). A GEG fala dunha liñaxe galega con este apelido que levou como Pedras armeiras: en ouro, dous lagartos de sinople, postos en pau.
Avatar de Usuario
Tito11
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 248
Registrado: 16 Ago 2005, 09:00
Ubicación: Val da Maia

Mensaje por Tito11 »

Esas armas tamen son as de Salgado: "Escudos de Noia", de Manuel Fabeiro Gomez, Consejo Superior de Investigaciones Cientificas, 1972.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

A título de curiosidade, en Marín, na freguesía de San Xián, hai unha familia que é coñecida como os Corneiros, pero neste caso corneiro é un alcuño, non o apelido. Situación que quizás se repita en outros lugares
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

Sobre os alcumes, eu coñezo moitas familias no rural galego que levan de alcuñas apelidos de antepasados e que non levan actualmente. Nalguns casos houbo que remontar 5 xeracións.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

O asunto dos alcuños é certamente interesante. Non sei se alguén abordou o tema seriamente como obxecto de estudo ou investigación. Mais por observación propia, teño a impresión de que os antigos apelidos perdidos non deben ocupar un lugar excesivo para explicar os alcuños actuais. Certo que os casos que hai chaman moito. Eu sei dun coñecido que desubriu a orixe da sua alcuña familiar nun apelido que se perdeu no primeiro terzo do XVIII (era en Castela). A complicación deriva obviamente de que hai que controlar a xenealoxía da familia en cuestión moi atrás. A miña impresión, porén, é que a criación de alcuños é algo moi vivo (ou era, quizás mais exactamente) e que a maioría dos que atopamos agora foron inventados ou cuñados polos contemporáneos . Exemplo a xente de 70 anos hoxe, cando rapaces clasificou aos seus amigos e coñecidos con alcuños e o fondo de alcuños antigos é minoría. Sobre éstes sería cuestión de averiguar.
Admito que como toda impresión persoal é moi cuestionabel, pero a miña parcial experiencia, de momento lévame a esas conclusións.
Cumprimentos.
Responder