Agustín Sixto Seco: Fondo bibliográfico e documental

Transcrición de documentos, documentación de axuda á investigación, guías ou proxectos relacionados
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Agustín Sixto Seco: Fondo bibliográfico e documental

Mensaje por serba »

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou coa familia de Agustín Sixto Seco o contrato de constitución do comodato do fondo bibliográfico e documental do médico e intelectual galego. O legado de Sixto Seco, que xa foi trasladado á Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, será catalogado nos vindeiros meses para que poda ser consultado por todos os cidadáns.
O legado documental está composto dunha banda polo propio arquivo en papel persoal realizado por Sixto Seco e, doutra, pola documentación recompilada trala súa morte. Ambos os dous recollen un amplo número de cartas, conferencias, discursos, entrevistas, artigos xornalísticos e notas do intelectual. Ademais inclúen dossieres e documentación sobre as fundacións e institucións culturais máis senlleiras da nosa terra – Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Valle-Inclán, Centro Ramón Piñeiro entre outros – e de acontecementos tan importantes para Galicia como o retorno dos restos de Castelao ou o anteproxecto de estatutos do Panteón de Galegos Ilustres.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... dato-fondo
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder