Juan Díaz Fernández (Betanzos, 1854 - Corcubión, 1940)

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Juan Díaz Fernández (Betanzos, 1854 - Corcubión, 1940)

Mensaje por serba »

http://centros.edu.xunta.es/praiadequenxe/D.Juan.jpg
O Mestre D. Juan Díaz Fernández, naceu en Betanzos no ano 1854. Casou ca tamén betanceira Dona Carmen Novo Vives, filla dun comerciante local dedicado ós tecidos e panos. Tiveron varios fillos. Algúns deles foron tamén mestres. Concretamente unha filla exerceu na Coruña, con Don Paco Vales Villamarín, na escola dos Castros. Un dos fillos, Antonio, foi un gran impulsor societario da emigración corcubionesa en Buenos Aires: o primeiro presidente da Sociedade “Órgano de la Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión” que máis adiante pasará a chamarse “Órgano de la Asociación Benéfica Cultural Hijos del Partido de Corcubión”, fundador e director do seu órgano “Alborada”.

http://centros.edu.xunta.es/praiadequenxe/DJuan.htm
- Enlace: viewtopic.php?f=6&t=7340#p40752
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder