Bo día:
Todas a investigación realizada para coñecer a os meus antepasados, lévanme ao apelido "Landrove", que as veces pode aparecer con "b". Estou a falar dunha zona xeográfica en particular: O antigo territorio de Serantes, lugares de Doniños, Brión, A Barca, Vilaboíde, Confurco, Pieiro, San Xurxo…Matrimoniaron unha e outra vez cos apelidos Serantes, Méndez, Núñez, Niebla, Diaz, Grandal, etc., en moitas ocasións vodas de primos-irmáns, con esporádicas incorporacións de algúns apelidos foráneos como Vázquez.
O meu descoñecemento a estes niveis da historia (anos 1700-mediados de 1800) é moi grande. Agradecería se alguén puidese aportar algún dato sobre este apelido e a súa orixe.
Tamén me gustaría saber se era habitual as unións matrimoniais nesta e noutras zonas, con mulleres procedentes das indias, en particular filipinas, educadas como españolas durante os 300 anos de dominación do imperio español.
Moi agradecida.
Apelido "Landrove" na zona rural de Ferrol
- Cristina B
- Administrador
- Mensajes: 1082
- Registrado: 10 Ago 2005, 09:00