Família Lázare Liz Rodríguez Incógnito

Procuras de familiares
Responder
Avatar de Usuario
lazare
Novo
Novo
Mensajes: 4
Registrado: 12 Jul 2004, 09:00
Contactar:

Família Lázare Liz Rodríguez Incógnito

Mensaje por lazare »

olá! apelido-me Lázare, pola parte da minha mai. O ano pasado descubrim que Lázare e umha aldea de 3 casas velhas i 3 novas, mui pequeninho, em Ferrói de Guntin, documentada desde o século XI . Há muita gente com este apelido aqui en Barcelona, onde vivo, e nas Asturias, onde eu som natural. Tenho visto tamém no Brasil, e da nossa família vam-no passar uns rapazes alemás que som os filhos dum primo meu. Curiosamente, em Lázare nom resta ningum Lázare, ainda me dixeram que a nossa família sai da Casa do Roxo, em Terlama, umha aldea a uns 500 metros a carom de Lázare.
O meu avó apelidava-se Liz, que cuido tamém seja um lugar de Guntín,na zona de Gomelle, mais é-che tam pequeno que nom o puidem identificar. Se alguém soubesse...
O record mais antigos que tenho som Francisco de Liz 1658 e mais Jacobo Lázare 1764, na zona Do Corgo perto de Lázare e onde tenho mais familia.

Tamem prestava-me saber mais do meu avó da parte do pai, que foi nado em Viana do Bolo, em Bembibre. Foi filho de solteira que emigrou com umha sua media irmá e que o deixou na inclusa de Ourense. Tiveram certa comunicaçom, pero quando eu nacim el já morrera. Numha viagem, quando descobrim qual era el lugar porque me lembrava dumha partida de nacimento que eu vira de pequeno,atopei-me que tinha família e todo, e ainda mantemos certa relaçom. Mais nao aconsigo quitar mais informaçom. se souberdes, el chamáva-se Elias Rodríguez Incógnito, sua mai Elvira. Estou intrigado por que lhe puxeram esse apelido se nom era utilizado na Galiza para filhos de pai desconhecido, tenho notícias que só se utilizaba em Portugal, na zona de Vila-Real.

Gracinhas por atender-me, um saúdo.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Mensaje por kruzul »

Ola Lázare:
Tes razón que existen dous lugares que corresponden cos teus apelidos, ti xa das ún, pero repítome por ordear:

Lázare, lugar da parroquia de Ferroi (Santiago), no concello de Guntín (Lugo).

Liz, lugar da parroquia de Gomelle (Santiago), no concello de Guntín (Lugo).

O lugar de Lázare aparece nun documento do Arquivo do Reino de Galicia:
"EL CONDE DE AMARANTE Y SAN MIGUEL CON EL CABILDO DE LUGO Y OTROS: REIVINDICACION POR EL LUGAR DE LAZARE EN LAS FELIGRESIA DE SANTIAGO Y SANTA MARIA DE FEROY." 1551 a 1833

e coma apelido no mesmo Arquivo:
" ISIDRO FERNÁNDEZ CON JACOBO DE LAZARE , JUEZ DE FERREIRA DE PALLARES, SOBRE HUECO Y RESIDENCIA." 1558 a 1833

o apelido Liz no mesmo Arquivo:
"CLEMENTE DE LIZ Y CONSORTES CON EL LICENCIADO ALBURQUERQUE, SOBRE HUECO Y RESIDENCIA." 1558 a 1833

Fíxate que nestes dous documentos Jacobo é "de" Lazare, e Clemente "de" Liz, entendo que facendo referencia a súa orixe, anque despois o "de" pérdase.
Sobre o que dis que non quedan na suposta orixe, é que ás veces cando abandoa o lugar de orixe é cando empeza a recibir a nomeación, non sempre, noutros moitos e por vivir nun lugar así chamado.

O que comentas de "Incógnito" eu si o teño atopado varias veces na zoa de Irixoa, pero non como apelido senón referido ó pai, é decir coma si puxese "desconocido". Semella coma que fose apontado dese xeito e polo que fose pasase os seus documentos como segundo apelido.

Mirei algo mais os teus apelidos, pero así rápido por aproveitar ahí tes os abonados para toda España:
140 Respuestas Infobel, Lazare
340 Respuestas Infobel, Liz


Mira tamén amodiño no Familysearch dos mormons, hai Lazare e Liz en Lugo, e algunhas parroquias que aparecen teñen "batch number" (sobre esto olla esta mensaxe http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... =3907#3907 se non sabes de que vai) Senón volve a preguntar neste mesmo debate
Avatar de Usuario
lazare
Novo
Novo
Mensajes: 4
Registrado: 12 Jul 2004, 09:00
Contactar:

Mensaje por lazare »

muitas gracias!
mais ou menos tinha identificado a historia, mais ignorava que estivesse no arquivo do reino. como poderia engadir o "de" nos meus documentos oficiais?
na aldea de Lázare, já estivem, falta-me atopar Liz.

saúdos
sabigi
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 02 Abr 2020, 11:20

Re: Família Lázare Liz Rodríguez Incógnito

Mensaje por sabigi »

Hola buenos días,
Ya hace mucho de su mensaje, però mi bisabuelo se llamaba Domingo Lazare Liz que se casó con Balbina Ozores Rodríguez, actualmente conservo en vida a una tía abuela que vive en Guntín Lugo, de hecho mi familia siempre han sido de allí.
Un saludo.
acarboira
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 60
Registrado: 06 Ago 2017, 12:50

Re: Família Lázare Liz Rodríguez Incógnito

Mensaje por acarboira »

Referente a los "de Liz"
he buscado ese apellido en los libros eclesiásticos, sobretodo en varias parroquias de o Páramo, Lugo, el primer antepasado que he encontrado, fue Lope de Liz casado en 1659 con María (Isabel) Vázquez (de Moutoras) en Santa Mariña de Aday (ojo, del Páramo, no del Corgo). y ya mas adelante en otras parroquias cercanas, como sta. Eufemia de Villarnosteiro o S.Salvador de Piñeiro.
por parte de mi mujer los he encontrado en S. Martín da Torre, tambien de o Páramo, pero ya al principio del s XVIII, si bien no he conseguido comprobar el parentesco con los anteriores

Respecto a Lazaré, localicé algunos, en parroquias próximas a S. Juan do Campo, Ferroi..., en fin cerca de la carretera que va a Portomarín

referente a "incógnito", lo he visto en casi todos los libros de Bautismo, me temo que era un eufemismo, para indicar que la madre o no sabía o no quería declarar quien era el padre
Responder