Cruña

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Cruña

Mensaje por Sic-ario »

CRUÑA
Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica.

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de Lugo atopamos 55 persoas, case exclusivamente no concello de Cospeito, tamén nos concello de Vilalba, Abadín e Lourenzá.
So atopamos 4 persoas na provincia de A Coruña e ningunha persoa nas provincias de Ourense e Pontevedra .

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Guadalaxara. Un total de 60 persoas atopamos co apelido CRUÑA.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en Lugo 29 aboados. Un total de 31 aboados atopamos con CRUÑA de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
No se atopa en Galicia.

DOCUMENTOS do A.R.G.:
EL CONº DE STA. CLARA DE SANTIAGO CON JUAN Y PEDRO FERNANDEZ Y CONSORTES, SOBRE LIBERTAD A UNA PAGA DE RENTA POR EL LUGAR Y CASA DA CRUÑA . año de 1552 a 1833.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

CORUÑA

TOPONIMIA
Concello e importante cidade da Galiza
CORUÑA, A (A Coruña) Coruña, A Coruña, A
VAL DO DUBRA (A Coruña) Buxán (Santiago) Coruña, A

DISTRIBUCIÓN NO PAIS GALEGO
O Bierzo: 1 abonado, no concello de Ponferrada

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Segundo a GEG, de orixe galega. Levou como brasón: Escudo partido: 1º, en goles, un castelo de prata: 2º, en azur, 5 estrelas de ouro, colocadas en sotuer. Bordura de goles con 8 aspas de ouro.
Agustin de la Coruña: nado en Corme no séc. XVI
Martín de la Coruña: nado na Coruña a fins do séc. XV
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

¿Debemos supor que a Cruña mencionada polo documento que cita Sic-ario é a que está en Buxán, Val do Dubra?. Supoño que será así. Polo demais parece evidente que a denominación Cruña era a mais común como para a mesma cidade "Francis-cana" actual.
Cumprimentos
Responder