Gigirey / Xixirei

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Sic-ario
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 141
Registrado: 28 Nov 2004, 09:00
Ubicación: Pontevedra (España)
Contactar:

Gigirey / Xixirei

Mensaje por Sic-ario »

GIGIREY / XIXIREI

Significado:
Non sei o significado de este termo.
Orixe:
Descoñezo a súa orixe, pode ter orixe toponímica do lugar de XIXIREI, na parroquia de San Cristovo de Xavestre, no concello de Trazo (A Coruña)..

Distribución Xeográfica:
- En Galicia
- Provincia de A Coruña atopamos 169 persoas, nos concellos de Santiago, Trazo e Val do Dubra.
- Provincia de Pontevedra atopamos 8 persoas.
So atopamos 1 persoa na provincia de Ourense e ningunha persoa na provincia de Lugo.

- En España
A nivel do estado español podémolo atopar (por mor da emigración) en Cádiz, Cantabria, Madrid, etc. Un total de 197 persoas atopamos co apelido GIGIREY.

- En España (Guías Telefónicas)
Da consulta en Infobel 2004 atopamos en A Coruña 99 aboados. Un total de 127 aboados atopamos con GIGIREY de primeiro ou de segundo apelido.

TOPONIMIA:
Soamente atopamos o lugar de XIXIREI, na parroquia de San Cristovo de Xavestre, no concello de Trazo (A Coruña).

DOCUMENTOS do A.R.G.:

Non se atoparon documentos.

Fontes: Infobel España 2004 (Guía Telefónica), Arquivo do Reino de Galicia, Diccionario Cumio da Lingua Galega, e outras.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

A orixe do apelido é toponímica sen dúbida, pero a orixe do topónimo está nun nome xermánico Sigericus, ou ben Sisericus.
Cumprimentos.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

A orixe do apelido é toponímica sen dúbida, pero a orixe do topónimo está nun nome xermánico Sigericus, ou ben Sisericus.
Cumprimentos.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Corrixo: parece que é Sigeredus e non Sigericus o nome xermánico do que deriva Sixirei, Sisirei, Gigirey, en fin, todas as variantes que poida haber do topónimo e por extensión, do apelido.
Cumprimentos.
Responder