Os apelidos Galegos de orixe topográfica

Feitos do noso pasado común
Responder
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Os apelidos Galegos de orixe topográfica

Mensaje por lamigueiro »

Unha grande parte dos nosos apelidos, teñen na súa orixe o nome dun lugar, aldea ou vila. Intento neste artigo amosar os mecanismos, polos que unha familia galega do século XVI, fai de seu o nome da terra que ten aforada. A historia da xenealoxía e onomástica galega, está vencellada directamente a posesión da terra. En base a ista posesión os nosos devanceiros, estableceron as normas que rexiron a vida e a morte, a familia e a súa herdanza. A familia galega tradiccional e a trasmisión do seu apelido ou nome está vinculada a propiedade e continuidade da terra familiar, o casal, o lugar.



O sistema familiar tradiccional galego, estivo rexido por prácticas e estratexas de seu; dirixidas a permanencia e millora da "casa". Istas leises domésticas son coñecidas polo "petruciado". O petrucio era o xefe da casa e do nucleo familiar. Iste cargo recaía no membro masculino do matrimonio (ainda que non sempre), e afectaba a íste e os seus fillos solteiros. En moitos casos no mesmo nucleo familiar, convivían outros membros, como avós ou irmás solteiras, que asumían a vontade do petrucio. Isto é o contexto tradiccional, que define o que na Galiza rural de ata fai ben pouco, era coñecido por "casa", "xente" ou "raza". Istes individuos baixo ausencia dun apelido de seu, como intentamos amosar neste artigo, asumía como apelido o nome do casal ou lugar onde habitaba.



Como base diste traaballo, tomaremos un documento do ano 1519. É un inventario dos béns que deixou a súa morte Clara, unha veciña da Veiga, Ourense. Pertenze o protocolo de Fernando dÀlmas, fol 50. de Celanova:



1519, jullo 20.



INVENTARIO DA FAÇENDA QUE FINCUO DE CLARA DE VEIGA, (VECIÑA DO LUGAR DA LAMA, ENO COUTO DE SAN MONIO DA VEIGA).



Eno lugar da Lama, que he no couto de Beyga a treynta días del mes de julio, ano de nuestro señor Ihu Xpo de mill e quiñentos e dez e nobe ans, en presencia de min el escribano e de los testigos de yuso escriptos, el onrrado Gonçalo de San Fiis, juez ordinario eno dito couto por el reuerendo señor Luys Feyjoo, prior del monasterio de San Monio da Beyga, de su ofiçio ordinario, fizo ynventario de tódala fazenda moble e symobente que fincara de Crara da Beyga e a María da Lama, muller do dito Pero da Lama e filla que ficou da dita Crara da Beyga, en forma devyda del derecho, los cuales tocaron en sus maaos dereitas en la señal de la cruz e responderon a la confusyón del dicho juramento, dezendo sy juro e amén. E el dicho juez les mandó que so cargo del juramento que fecho abían, que declarasen anbos juntamente ante mí el dicho escribano toda la fazenda que ficara de la dicha Clara de Beyga . E lo que declararon hes lo syguiente: (sigue con a relación de béns que non trascribimos, o no seren gráficos para a teima que nos ocupa).



Comentarios:



Primeiramente examinemos, o marco xeográfico onde é otorgado o documento. Así vemos que está claro que o se trataren de facer relación dos béns da finada, a de facerse in situ, isto é na casa ou "lugar" onde habitaba; o Lugar da Lama que pertenze o couto de San Monio da Veiga. Isto indicanos que o "lugar" está baixo a jurisdicción do monasterio de San Monio, (citado no documento) e polo tanto imaxinamos que a familia e foreira da dita igrexa.



O documento despois, pasa a exponer que dona Crara da Beyga fai herdeira dos seus bens a súa única filla Maria da Lama. O texto explicanos que a dita María e muller de Pero da Lama. Son os primeiros datos que enlazan o noso marco xeográfico o "lugar da Lama", con as xentes que o habitan, Pero e Maria "da Lama". Ollamos entón a relación clara entre a composición do nome do matrimonio: nome+"casa", que é igual a nome+apelido. Observemos tamén que María, a pesar de seren filla de Crara da Beyga non leva o seu o apelido. Tamén é sinificativo que no documento non se faga mención o pái de María, cousa común niste tipo de documentos testamentarios. Níste contexto é a nosa hipotese na que dicimos, que María é filla de solteira de Crara (algo moi común no agro galego), posiblemente seu apelido antes de casar con Pero sería María da Beyga, tomando o materno. Máis o desposar co seu marido, adoutou o nome do "lugar" da "casa" de Pero, A Lama.



Cara a sociedade que os rodeaba. María deixa o seu antigo estatus para entrar baixo a tutela do seu marido e a súa casa. O sentimento de pertencer a "algo", noutro contexto é a filosofia na que baséase a fidalguía. "Fillo de Algo", membro dunha casa, ou propiedade do que a familia toma o apelido ou nome.



Por suposto estamos a falar de leises tradiccionales, non escritas ou recoñecidas nada máis que pola costume. Iste exemplo creo que é indicativo da relación existente entre apelido e "lugar". Máis noutros casos temos observado que as mulleres conservan o seus apelidos, dependendo cecais da aportación ou non de dote. A dote é un patrimonio aportado polo pái da filla, en moitos casos dependendo do volumen da doación ocurre o caso contrario e é o home o que toma o nome da familia da muller. A onde queremos chegar e como resume diste pequeno traballo, que a malloría de apelidos galegos son toponímicos, o existir unha relación clara entre a orixe rural da súa poboación e o seu vencellamento o agro. A característica principal da familia galega podese definir como, nucleos familiares que habitan vivendas unifamiliares; a identificación de istas familias co seu patrimonio, fai a ístas a tomar como apelido os topónimos polos que son recoñecidas as súas propiedades.



Xose Lois Lamigueiro Fernández. 17 de Xaneiro 2002



<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-01-17 09:06 ]

<font size=1>[ Esta mensaxe foi editado por: lamigueiro _FIL 2002-01-17 09:12 ]
Lamigueiro ©
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Os apelidos Galegos de orixe topográfica.

Mensaje por Milleiro »

Acho o artigo moi interesante para comprender a orixe da maior parte dos nosos apelidos.
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Os apelidos Galegos de orixe topográfica.

Mensaje por Milleiro »

Segundo relata Manuel Vázquez Seixas en Fortalezas de Lugo y su província; Tomo IV, no referente á Torre de Milleirós:
Juan Milleirós oterga testamento verbal:
"Eu mando mais a meu fillo Estevo Rodriguez, a miña pousa de Milleirós do Reguengo, e os outros bes, que se parten mixtamente; e morrendo Estevo Rodriguez, quieto todo, se torne a Ruy Vazquez, e fallecendo éste, se torne a Vasco Perez, meus fillos..."
Fico abraiado no senso de atoparen que nengún dos 3 fillos coinciden nos seus apelidos nen coinciden tampouco co do pai.
Noutro documento que se atopa no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, do escriván Benito de Codeseda en 1676, encontro o testamento de Salvador Milleiro, este deixa todo os seus bens a sua irmá María Fernández. Ambos irmáns non coinciden cos seus apelidos e ela non leva o do seu home (Pedro do Souto).
A qué poderá ser debido a orixe destes apelidos?
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Os apelidos Galegos de orixe topográfica.

Mensaje por kruzul »

ola xavier:
O sistema de apelidos tal coma o conocemos actualmente, non ten moita antiguedade (Ley del Registro Civil de 1870), direi só dun xeito breve (e longo de explicar) que había máis libertade para a adopción do apelido, logo veu este período curto co actual sistema. Na actualidade quíxose correxir eso permitindo de novo unha pequena modíficación dos apelidos (non igoal que antes).
Saudos:
Ricardo Lago
Avatar de Usuario
lamigueiro
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 344
Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
Ubicación: Ferrol
Contactar:

Os apelidos Galegos de orixe topográfica.

Mensaje por lamigueiro »

Saudos amigo Milleiro, en verdade que a túa pregunta é unha das máis complicadas de contestar, e documentar cando falamos de xenealoxia. O primeiro que temos que ter claro, é que cando estudamos os tempos anteriores o século XIX, deixamos a semi-seguridade dos rexistros civís para retroceder os tempos dos "usos e costumes".

Cando falamos de tradicción, temos que saber tamén que que cambia de rexión a rexión, e de comarca a comarca; incluso de familia a familia.
Ë por causa distas tradiccións, por causa da cal atopamos nalgúns documentos, fillos que non levan os apelidos dos pais; incluso irmaos que non levan o mesmo apelido, sendo fillos do mesmo matrimonio.

Xa teño dito nalgún outro comentario, que o apelido como tal o entendemos no século XXI, non comenza ate o século XV. A partir de istes tempos o apelido e distintivo da familia e da linaxe. Anteriormente a estas datas os apelidos eran patronímicos, ou sexa formados a partires do nome do pai. Entón non podémolo considerar apelido como tal senón como unha parte do nome. Na maioría dos casos os nome de pila, maís o patronímico seguíalle o "origo", ou sexa a referencia o lugar, pobo ou vila de orixen.

En estos tempos da idade media, era habitual que nas familias rederaselle culto simbolico, algún avó, irmao morto, tio, tio-avó da súa familia. en moitos casos porque eran portadores de algunha herdanza, ou casos tan sinxelos, como que eran portadores dalgúnha semellanza física. Cando esntramos nos séculos onde se fundan os primeiros mayorazgos e a istes iban ligados gravamenes de nome e armas; as xentes usaban os apelidos da súa arbre familiar, que prestixaban os seus orixes. Cando eran herdeiros dun vínculo, adoutaban o apelido ligado a iste. Por exemplo si teu tío Pero Neira morría sen herdeiros, e tí o único sobriño apelidabaste Souto, deixabas o teu apelido para tomar o do teu benefactor, e identifacabaste cós vinculos e obligacións que iban ligados os vinculos, como dereitos de presentación en igrexas, dereitos de vara e xusticia, ou de representar en concellos.

No caso das mulleres é parecido. As rapazas dabaselle o apelido da nai, ou tamén da avoa ou nalgúns outros da madriña.

Toda ista anarquia rematará a partir do ano 1870, promulgada a lei do rexistro civil. Que limitará a mutabilidade na identificación das persoas e só admitense de maneira restrinxida a alteración do apelido.

Como comenta Cruzul, hoxe en día ista situación cambia, para volver os tempos antigos, anque coa diferencia que so afecta o cambio na orde do apelido paterno e materno.
Lamigueiro ©
Responder