Seriedade metodolóxica

Propostas e debates sobre o traballo no portal
Responder
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Seriedade metodolóxica

Mensaje por lumebóo »

Polo ben desde site; é dicir, pola dignidade do mesmo, pola súa credibilidade e solvencia, pregaría a todos os que nos dirixamos a el un maior coidado nas nosas aportacións. Ou o que é o mesmo menos palla e máis grao.

Por exemplo:

1.-Os interminables, e moitas veces ilexibles, textos con liñaxes
ou comentarios históricos, deberían ir apresentados mellor,
deixando espacios entre parágrafos, compoñendo os bloques
dun xeito máis atractivo e non largando, sen comas nen
puntos, liñas e liñas. A verdade que, a maoría das veces
córre-se o risco de quedar cego.

2.-Débe-se citar inexcusablemente a bibliografía de referencia:
documentos, obras literarias ou doutra caste, autor, data,
etc. do que incluamos como téses.
Do que propoñamos como hipóteses propias, debemos aportar
todos aqueles argumentos ou indicios nos que nos baseemos.
Doutra maneira, todo o que se poida publicar aquí corre o
perigo de ser imediatamente calificado de pura invención sen
o menor creto científico.
Eu, de feito, a maoría das cousas que vexo (algunhas xa nen
as leo) non as creo.

3.-Pediría tamén un maior rigor no que dicimos; a adopción dun
maior sentido crítico cos nosos envíos. Paga a pena unha
menor cantidade e unha maior calidade. Non deixemos que o
narcisismo venza á necesaria humildade do labor científico.

Saúdos Lumebóo

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 07-04-2003 19:16 ]

[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 07-04-2003 19:21 ]
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Seriedade metodolóxica

Mensaje por kruzul »

Ola Lumebóo.
Eu non vou a responder exactamente, xa que en liñas xerales estou dacordo contigo. O que quero facer aproveitando os teus comentarios é plantexar a debate como poderíase coordinar millor o que se publica de interés máis maioritario.

Explícome: esto naceu da observación de como funcionaban outras comunidades de outras temáticas (fundamentalmente software) e unido á miña afición á xenealoxía trasladeino aquí, este é o resultado. Pensaba tamén que cando acontecese unha emisión masiva de datos (fiables ou non) o sistema regularíase a si mesmo. Neste ponto despois de casi dous anos penso que non levo razón neste tema da xenealoxía, pois ó que da lugar é ó amoreamento de información difícil de valorar globalmente ainda que polo medio se atopen moi bos traballos.

Doutra banda a actualización constante do software, os ataques informáticos, os erros (bugs) que arrastro fan que reclamen tamén a miña atención e tempo. E o que pensaba nun principio que debido á automatización do site soio me exisiría unha lixeira supervisión, na práctica lévame moito tempo editar (máxime nos casos concretos que a información xa de por sí resulta difícil de ler). Pero me encontro tamén que na Enciclopedia Apelidos, unha vez recibidas as distintas aportacións eso hai que traballalo de novo dándolle forma e se fose posible separar a "palla do grao"; de novo eso supón moito tempo (independentemente de que poda non estar cualificado para esa tarefa en moitos casos).

¿Porqué conto todo esto?, pois por un lado por saber que opinións pode xenerar e doutro (o máis interesante) porque este site pode administrarse doadamente por varias persoas e quizás (todo depende do interés) poderíanse facer grupos que coordinasen cada sección, ou ben que unha persoa se encarga dunha sección determiñada.
Podemos falar de todo elo a ver que xurde. Ollo que si non xurde nada, eu garantizo que siga funcionando como ate agora. Pero trataríase de coma poderíamos milloralo. A tecnoloxía na medida que poida poñeríase ó servicio das ideas. Hai mesmo unha ferramenta que podedes curiosear aquí <A HREF="http://207.142.9.137/modules.php?name=Wiki-xenea " TARGET="_blank">Wiki-xenea</A> que permite traballar a varias persoas nun mesmo proxecto.

Saúdos:
Ricardo Lago
Avatar de Usuario
Per
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 448
Registrado: 03 Dic 2002, 09:00
Ubicación: Lugo

Seriedade metodolóxica

Mensaje por Per »

Hola a todos.
Primero decir que estoy de acuerdo con los planteamientos expuestos, de hecho, un grupo interdisciplinar de personas, llevamos trabajando aquí en Lugo con la intención de recopilar la maxima información en el campo de la Genealogia y heraldica. Los resultados en la actualidad son magnificos, pues tras una primera etapa de trabajos individuales y de guarda celosa del "dato" obtenido, hemos pasado a una relación que ha cuajado en que a dia de hoy, tengamos practicamente catalogado el 30% de las fuentes nobiliarias (archivos particulares inclusive) y publicado un número importante de estudios y monografias. En la actualidad recibimos consultas de diversos organismos públicos y privados en relación a proyectos de rehabilitación y memorias históricas. Sin ir mas lejos en la actualidad, estamos trabajando en el censo de nobles del siglo XVIII en las ciudades de Lugo y Mondoñedo, tambíen en el trabajo que dirige Antonio Yebra de Ares en (Pazos y Señorios de la Provincia de Lugo) del que esta a punto de concluirse su tomo III. Paralelo a esto llevamos una cadencia de publicación constante en revistas especializadas y de libros, asimismo en las memorias de rehabilitación de distintos monumentos de nuestra provincia. Considero que la idea de una Pagina sobre Xenealoxia Gallega es de hecho una fuente de primer orden, esto da demuestra que de los trabajos que he embiado a los foros y a la sección de linaxes he recibido un monton de consultas en mi correo particular, pidiendome más información. Muchas veces me veo limitado, por mi desconocimiento de muchas aplicaciones informáticas de embiar las fotografias, dibujos y documentos originales, de que disponen muchos de mis trabajos agradecería que alguien me dijera como poder embiar esta documentación. Asimismo me ofrezco a colaborar con esta página que considero un foro de encuentro muy importante. Un saludo.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Seriedade metodolóxica

Mensaje por kruzul »

Ola Xosé Manuel:
Gracias primeiro polo teu ofrecimento.

Os Foros de Heráldica e Apelidos de Publicación, en principio foron concebidos cáseque coma "grupos de traballo" de cara a que os resultados fosen posteriormente publicados na Sección Apelidos. É aquí onde se necesitaría unha "dirección" ou coordinación á hora de valorar a fiabilidade das informacións aportadas, e que soen provir de libros editados, e que principalmente prantexan dudas na Heráldica, tamén na etimoloxía.

Sería interesante vendo que xa tedes unha dinámica de traballo en grupo, baseándose nesa experiencia ver como poderíamos artellar unhas directrices de que tipo de infórmación recabar e cales fontes utilizar, esto dende logo centraría moito os esforzos.

O esquema construído froito da experiencia en Xenealoxía.org, na sección Apelidos levounos a incluir baixo a denominación dun apelido:
<!-- BBCode ulist Start --><UL><LI>A Onomástica. Etimoloxía si se coñece. Si é de orixe toponímica ou antroponímica.<LI>Distribución. Feita ate agora según as Guías Telefónicas.<LI>Heráldica. Si se coñecen as armas dalgunha liñaxe con ese apelido.<LI>Nobiliaria. Títulos ou expedientes que se coñezan en relacción co apelido.</UL><!-- BBCode ulist End -->

Todas estas informacións son as que a día de hoxe incluiríanse baixo cada apelido e sobre o que poderíamos centrar o debate, e ver si segue a ser correcto e que fontes utilizar.

No referente ás fotografías sí estaría interesado en publicar no referente a Heráldica, para eso só se pode de momento enviarme as fotos dixitalizadas ó meu correo, xa que eu posteriormente as trataría para darlles formato e uniformizar ó estilo do site.

Sobre os teus traballos (e os do teu grupo) quero lanzarche a idea de crear un site propio de "Liñaxes Lucenses" ou similar no que poderíades desenrolar polo miúdo o voso traballo, esa mesma idea lle teño exposto a Xavier sobre Redondela, e pódese aplicar a calquer comarca ou concello. Esto ben de que penso que é millor moitas comunidades, páxinas personais, etc. que un "Megasite" centralizado, e de ahí tamén no meu esforzo en buscar e adaptar software que permita publicar dun xeito doado ainda que non se teñan moitos coñecementos informáticos.
Se a idea calla, tendes todo o meu apoio en forma de software e soporte para poñelo a andar, e fago extensivo o ofrecimento a tódolos que queiran poñer en marcha un site da súa comarca (ou comunidade noutro país) que recolla aspectos históricos e xenealóxicos da zona.

O ser Xenealoxía.org un site máis xeralista, si o sobrecargo de imaxes (fondamentalmente) incrementaría notablemente o tráfico de bits, e tamén por conseguinte o aluguer no servidor, polo que de momento orientoa cáseque excrusivamente á publicación en modo texto, e gostaría de paulativamente ir publicando ós "clásicos" da xenealoxía galega para aportar documentos sobre os que traballar en liña.

Xa son moitos os temas prantexados, os que atinguen a ti só, millor sigoos a falar contigo polo correo privado.

Saúdos:
Ricardo Lago
Responder