Se encontraron 128 coincidencias

por lumebóo
09 Jul 2002, 18:51
Foro: Apelidos
Tema: Apellido PAZ
Respuestas: 13
Vistas: 7288

Apellido PAZ

Ola a todos: Non podo estar en absoluto de acordo coa interpretación etimolóxica que fai Milleiro acerca deste apelido. Non fai falla máis que consultar calquera artigo ou manual dalgún experto sobre este tema para comprobar que a solución máis plausible é a que o remite á orixe Paez. A que aquí se ...
por lumebóo
04 Jun 2002, 19:14
Foro: Buscas
Tema: apellido Chan (no Chans)
Respuestas: 7
Vistas: 4121

apellido Chan (no Chans)

Ola Gladys Chan: Á parte do dito (impecablemente) por Ricardo, eu penso que o teu apelido debe ser Chan e non Chans, porque as vacilacións gráficas é difícil que se produzan hoxe en día; polo menos desde hai máis dun século, ainda que todo é posible. O que está claro é que o Chan teu non é chino, co...
por lumebóo
01 Jun 2002, 20:28
Foro: Apelidos
Tema: Apellido PAZ
Respuestas: 13
Vistas: 7288

Apellido PAZ

Ola Invitado: Poucos datos dás: 1. Con isto non se che pode axudar moito, máis ben nada; sen embargo hei-che dicir que Paz non ven da situación representada cunha pomba. Entendo que é unha deformación (non sei o termo lingüístico para este fenómeno) de Paez, apelido medieval que aínda se conserva as...
por lumebóo
30 May 2002, 18:59
Foro: Apelidos
Tema: orígenes de los apellidos Cruces y Giráldez
Respuestas: 12
Vistas: 7270

orígenes de los apellidos Cruces y Giráldez

Ola a todos:

Unha ocorrencia: Giraldez, ¿podería ser un xentilicio proveniente do nome de pía medieval Geraldo ou Giraldo?. Por exemplo, Giraldo de Aurillac.

Agardo puntos de vista críticos.

Saúdos
por lumebóo
23 May 2002, 17:51
Foro: Apelidos
Tema: Apellidos Giraldez, Cuiña y Villar
Respuestas: 2
Vistas: 1856

Apellidos Giraldez, Cuiña y Villar

Ola outra vez Crsitina: Podes tamén consultar, neste mesmo foro, a mensaxe de Raquel (coma ti, residente na Arxentina) publicado o 31-03-02 baixo o título "Orígenes de los apellidos Cruces y Giraldez" e os comentarios de Cruzul, Milleiro e Lumebóo. Esta invitada tiña unha aboa chamada Cons...
por lumebóo
22 May 2002, 17:21
Foro: Apelidos
Tema: Apellidos Giraldez, Cuiña y Villar
Respuestas: 2
Vistas: 1856

Apellidos Giraldez, Cuiña y Villar

Ola Cristina: Respeito á túa pregunta sobre a posible orixe xudea dos teus apelidos, recoméndo-che ler en http://www.amesanl.org/apelidos o artigo de Gonzalo Navaza titulado "os supostos apelidos xudeus". En relación a buscar outros datos, neste momento non che podo ser de axuda; pero ceca...
por lumebóo
26 Abr 2002, 18:21
Foro: Buscas
Tema: MUINELO
Respuestas: 13
Vistas: 8147

Familia Muinelo

Ola Mariola: Efectivamente, no concello de Cospeito, parroquia de Xustás, existe unha entidade de poboación chamada Muinelo (Moinelo na nomenclatura oficial). Tamén hai un lugar denominado Coea na parroquía de San Salvador de Coea, concello de Castro de Rei e outro na freguesía de San Xoán de Alba, ...
por lumebóo
25 Abr 2002, 17:16
Foro: Buscas
Tema: Bouzas
Respuestas: 3
Vistas: 2406

Bouzas

Ola Invitado: Bouzas –e Bouza- é un apelido galego moi enxebre e, como a maioría dos nosos patronímicos é de orixe toponímica. O significado desta palabra é o de terreo inculto, a monte, e cheo de toxos, xestas, uces, etc. É posible que a súa etimoloxía proceda dun céltigo *baudea. Existen bastantes...
por lumebóo
21 Abr 2002, 15:52
Foro: Apelidos
Tema: apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA
Respuestas: 6
Vistas: 3208

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Ola Invitado e A Laxe do Aire: Non me queda maís remedio que recoñecer o aventurado da miña hipótese acerca da non relación entre Sestayo e Sestay,...menos mal que foi só unha hipótese. A miña suposición baseába-se no afastadas que se encontran as zonas dos dous apelidos e a pouco probable migración...
por lumebóo
20 Abr 2002, 15:55
Foro: Apelidos
Tema: apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA
Respuestas: 6
Vistas: 3208

apelido SESTAY vs. SESTAYO // apelido MENDUÍÑA

Ola invitado: O apelido Sestai existe na Galiza, mais non atopei ningún topónimo que lle puidera ter dado orixe (co cal non quero dicir que non o poida haber). O que ti plantexas de se pode ser unha deformación de Sestaio haberiao que estudar con detemento. De todas formas, ainda habendo un lugar no...
por lumebóo
08 Abr 2002, 14:46
Foro: Novas
Tema: Busco referencias familiares
Respuestas: 3
Vistas: 2352

Busco referencias familiares

Ola outra vez: De cómo toda prudencia é pouca. Onte dixen-che que o único topónimo que encontrara para Añobres era unha parroquia da provincia de Pontevedra. Pois mal feito; sempre é necesario procurar máis. Certamente existe unha entidade de poboación chamada así na parroquia de San Xián de Moraime...
por lumebóo
07 Abr 2002, 14:54
Foro: Novas
Tema: Busco referencias familiares
Respuestas: 3
Vistas: 2352

Busco referencias familiares

Ola de novo: Como addenda á anterior mensaxe hei-che amplar que na provincia da Coruña aparecen 106 clientes de teléfono co apelido Toba, cáseque todos na comarca de Fisterra; onde existe unha freguesía chamada San Adrán de Toba, no concello de Cee e unha aldea tamén con esa denominación na parroqui...
por lumebóo
07 Abr 2002, 14:35
Foro: Novas
Tema: Busco referencias familiares
Respuestas: 3
Vistas: 2352

Busco referencias familiares

Ola amigo invitado: Isto que acabo de facer eu podialo ter feito ti perfeitamente: buscar na guía telefónica. Neste caso as Páginas Blancas de ya.com. Adxunto-che estes catro usuarios que coinciden cos apelidos que ti referencias. Non obstante, o lugar que citas como de procedencia dos teus antergos...
por lumebóo
27 Mar 2002, 14:39
Foro: Novas
Tema: registros de Maceda e Zorelle
Respuestas: 2
Vistas: 2052

registros de Maceda e Zorelle

Olá de novo Inés: Na sección de enlaces deste sitio podes achar a seguinte información: Archivo General de la Diócesis de Ourense Descripción: Para acceder primero habeis de teclear en Instituciones, y luego en Archivo Diocesano. Finalmente obtendreis el nombre de su director, telf y fax. En el Arch...
por lumebóo
19 Mar 2002, 16:25
Foro: Apelidos
Tema: Busco familiares
Respuestas: 1
Vistas: 1876

Busco familiares

Ola Invitado: Xa se ten dito varias veces nestes foros que os que participamos neles somos afeccionados e, por tanto, con tempo e medios limitados para a investigación, mesmo dos temas que persoalmente nos ocupan. Por outra banda, non é posible orientar, e menos aínda comezar unha pesquisa acerca du...
por lumebóo
15 Mar 2002, 16:53
Foro: Apelidos
Tema: buscando familiares en galicia
Respuestas: 2
Vistas: 2343

buscando familiares en galicia

Estaba eu redactando algo semellante ao que di Cruzul e cáseque lle piso a resposta. Non é que amole axudar á xente na procura dos seus familiares; pero non sempre é fácil, e menos sen datos máis precisos. Ademáis -somos afeccionados- esta axuda non pode ir normalmente máis aló da orientación, porqu...
por lumebóo
14 Mar 2002, 14:43
Foro: Historia
Tema: Los efectos de las guerras Carlistas en Galicia
Respuestas: 5
Vistas: 4217

los efectos de las guerras Carlistas en Galicia

Ola Mark: Acerca do século XIX na Galiza coido que hai bibliografía abondo; entre ela o libro que ti mencionas de Xosé Ramón Barreiro Fernández El carlismo gallego, da editorial Pico Sacro, 1976 e con ISBN 84-85170-10-5. De calquera forma, se o teu interese está en clarexar as circunstancias da emig...
por lumebóo
12 Mar 2002, 15:31
Foro: Apelidos
Tema: orígenes de los apellidos Cruces y Giráldez
Respuestas: 12
Vistas: 7270

orígenes de los apellidos Cruces y Giráldez

Ola de novo Raquel: Adxunto-che, extraido de Páginas Blancas de ya.com, os usuarios que figuran có apelido Cruces no concello de Tui, ainda que non sei se algún dos enderezos corresponde á parroquia de Guillarei. Tamén van os Giráldez de Ribadavia. Hai que ter en conta que éstes son somentes titular...
por lumebóo
11 Mar 2002, 11:01
Foro: Coordinación
Tema: Funcionamiento Xenealoxía.org (leer propuesta)
Respuestas: 3
Vistas: 4162

Funcionamiento Xenealoxía.org (leer propuesta)

Párece-me ben a proposta; pero o feito de os membros non a teren comentado astra agora evidencia que o tema da metodoloxía non é moi preocupante para nós (incluido eu). Coido que estamos nunha dinámica bastante egocéntrica onde o máis importante é o publicarmos aqueles apelidos que nos "tocan&q...
por lumebóo
11 Mar 2002, 10:29
Foro: Apelidos
Tema: orígenes de los apellidos Cruces y Giráldez
Respuestas: 12
Vistas: 7270

orígenes de los apellidos Cruces y Giráldez

Ola Raquel: O apelido Giraldez está na actualidade, segundo se desprende da consulta do directorio telefónico, maiormente distribuído polo sur da provincia de Pontevedra e, concretamente, nas comarcas de Vigo, Baixo Miño e O Condado. Ten tamén algunha presencia no occidente da de Ourense, lindando c...
por lumebóo
06 Mar 2002, 16:55
Foro: Apelidos
Tema: Cagiao/Caxiao
Respuestas: 1
Vistas: 1808

Cagiao/Caxiao

Descoñezo canto avanzado estás na investigación da túa árbore xenealóxica; pero se ainda non tiveras comezado terías que te dirixir ás parroquias correspondentes e consultar os libros sacramentais. Con relación ao apelido Cagiao, efectivamente, ten moita presencia na comarca betanceira e, concretame...
por lumebóo
28 Feb 2002, 15:33
Foro: Novas
Tema: Ferramentas investigación
Respuestas: 5
Vistas: 3632

Ferramentas investigación

Eu xa coñecía Cubagen; pero ao meu entender é un pouco galimatías, porque se ben dan conta de moitos sitios onde buscar, despois non hai que entre nin pagando.
Paréce-me que hai moitos índices pero pouca base de datos útil.
por lumebóo
25 Feb 2002, 15:20
Foro: Novas
Tema: Ferramentas investigación
Respuestas: 5
Vistas: 3632

Ferramentas investigación

Penso que á hora de documentar movementos de persoas ou investigar o seu posible paradoiro, sobre todo na Galiza e en América, é de moita utilidade a consulta dos rexistros de viaxeiros dos trasatlánticos que realizaban os viaxes entre ambas beiras. Descoñezo se eses listados existen ainda con relac...
por lumebóo
25 Feb 2002, 14:35
Foro: Buscas
Tema: Santa Maria de Caleiro
Respuestas: 1
Vistas: 1381

Santa Maria de Caleiro

Non sei che vou recomendar cousas que cecais son obvias para ti. Supoño que te referes á parroquia dese nome que pertence ao concello de Vilanova de Arousa. O máis prático había ser que alguén che fixese esa xestión cabo do cura ou no Rexistro Civil correspondente. A min pilláme un pouco lonxe e sen...
por lumebóo
13 Feb 2002, 16:04
Foro: Novas
Tema: Canton de Prada - Exclavitud
Respuestas: 2
Vistas: 2034

Canton de Prada - Exclavitud

Polos datos que ti das atopei algo que pode aproximarse. Existe, no concello de Padrón (A Coruña) unha pequena localidade chamada Escravitude (Esclavitud en castelán) sita mesmo na estrada Nacional 55o (N-550) que vai de Santiago de Compostela a Pontevedra. A poucos quilómetros de aí cara ao oeste h...
por lumebóo
11 Feb 2002, 16:31
Foro: Apelidos
Tema: Quintiá (Quintía)
Respuestas: 2
Vistas: 2238

Quintiá (Quintía)

É certa a abundancia deste apelido na comarca de Ferrol. Non podo aportar documentación e penso que amigueiro nos pode abondar na orixe en Narahío, pero dos que eu coñezo, a maioría son naturais da parroquia naronesa do Val, onde existe un lugar de Quintá, onde a igrexa parroquial e onde hai un cast...
por lumebóo
10 Feb 2002, 00:58
Foro: Novas
Tema: Reposición do apelido galego
Respuestas: 4
Vistas: 3203

Reposición do apelido galego

Primeiramente querería suscribir a mensaxe de Cruzul e aportar un apontamento a un parágrafo do mesmo: a respeito dos apelidos que conservaron a grafía antiga (iota para o "s" fricativo sonoro) coma en portugués, penso que a conservaron porque no proceso de castelanización aforrou-lles o p...
por lumebóo
08 Feb 2002, 16:30
Foro: Novas
Tema: registros de Maceda e Zorelle
Respuestas: 2
Vistas: 2052

registros de Maceda e Zorelle

Olá Inés: Non sei se no concello de Maceda existe unha freguesía que leve ese mesmo nome, ainda que penso que si (¿Sta. María de?). A de Zorelle (¿Santiago de?) desde logo si a hai. Aquí, como supoño en Portugal, as parroquias conservan os libros parroquiais, que á parte do Libro de Fábrica e outros...