O texto e parte do Prólogo do "Diccionario dos Nomes Galegos" ED. Ir Indo. A negrita é miña (o resto é unha reproducción fiel) de cara a salientar o que eu penso sobre o tema. Coma repetían meus avós non se empeza a casa polo tellado. Compre investigar, investigar e investigar. Cantos máis sexamos na tarefa millor. Hai que ser estrictos, demostrar a nosas conclusions documentadamente. Mostrar os feitos históricos tal como nolos encontramos. Soio así a noso traballo sera fiable, e en consecuencia respetado."...Se a lei de normaización linguística sanciona como única forma lexítima para a toponimia a forma galega ¿que acontece con aqueles apelidos que a presión social substituíu abusibamente polos equivalentes casteláns? ¿Que facer cos apelidos, que en moitos casos, proceden de topónimos?
Xa falamos antes de hai proba escrita de como, por veces no mesmo documento, se cambiaba o apelido do mesmo individuo.
Naturalmente as persoas viaxan e trasládanse e pode haber en Galicia Oteros que pertenzan a familias oriúndas de fóra de Galicia. Pero non deixa de ser sorprendente consultar unha guía telefónica galega e non atopar case ningún Outeiro, cando en cambio, hai cento e centos de Oteros. ¿Resistirán todos estes Oteros un análise documental ata o 1750?
Otro caso é o de apelidos que, rexistrados nunha grafía arcaica, con letras hoxe en desuso en galego, reciben unha lectura aberrante coma se fosen castelans: pensamos nos Sanjurjo (cast. Sanjorge) e Gens (cast. Ginés). Máis grave é o caso daqueles que teñen incluso unha grafía inxustificable como ou Eijo (por Eixo ou Seijas(por Seixas).
Naturalmente que ha de se-los interesados os únicos en decidila forma gráfica que debe revesti-lo seu apelido. E debe respetarse a liberdade de manter incluso estes arcaísmos gráficos, se con eles se senten identificados os portadores.
Pero pola mesma razón, as autoridades académicas deben emitir dictame técnico sobre as formas auténticas en galego moderno do apelido galegos. E entendemos que as autoridades políticas debían arbitrar medidas legais para que poidesen actualizar gráficamente os seus apelidos aqueles cidadáns que actualmente o desexen ou que o desexen no futuro.
Para todo esto será moi útil que o clero galego, depositario do máis completo caudal de onomástica, siga conservando íntegra esa documentación e siga acollendo con xenerosidade ós que desexan realizar consultas. E, porque sabemos que entre o clero habemos de atopar máis dunha colaboración espontánea, adiantámonos a agradecer datos sobre nomes ou variantes de nomes non rexistradas neste libro, sobre hipocorísticos que por veces figuran nos rexistros parroquiais como segundos nomes, etc."
Quixera decir os que se interesan polo significado do seu apelido, ou polo seu escudo, que non se queden só neso, é anecdótico. A etimoloxía ten a súa importancia, e saber que esisteu unha familia dalgún xeito poderosa co noso apelido, e tiña o seu escudo, ten tamén certo interés, pero realmente non sabemos nada da nosa historia familiar (a menos que sexamos os seus descendentes por suposto). Repito hai que investigar, ir ós arquivos, investigar, volver ós arquivos, investigar... A maioría das historias familiares de Galicia, sobre todo as dos que non foron perxoaxes notorios (a maioría) está sin investigar, e ainda que non guste, ninguén o fará por vosoutros (sí, nin en Xenealoxía.org).
Saudos:
Ricardo Lago Couce






