Família Amado (Pontevedra)

Procuras de familiares
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Família Amado (Pontevedra)

Mensaje por Milleiro »

Xenealoxia de Luis Amado Carballo, escritor galego

I XERACIÓN
- Manuel Amado Boullosa e Benita de la Riega, naturais de Pontevedra.

II XERACIÓN
- Luís Amado de la Riega, natural de Pontevedra, e de Chelo Carballo Pesqueira, natural de Redondela, e filla de Lorenzo Carballo Otero, natural de Pontevedra, e Dores Pesqueira de Santiago de Compostela.

III XERACIÓN
- Luís Gustavo Amado Carballo naceu na cidade de Pontevedra o 2 de maio de 1901 as 9 da mañá no nº 9 da rúa do Progreso e faleceu na mesma cidade o 3 de setembro de 1927. Casa o 10 de decembro de 1924 na igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra con María López Fernández. Filla do pintor da Escola Especial de Pintura don Benigno López Sanmartín e Xenerosa Fernández Fernández. Mestre nacional.

Fonte: "Escritores do dia das letras galegas" 2000 Escolma do dia das letras galegas, de X.L.F. e X.C.R.P.
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1267
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Mensaje por Pousada »

No que atinxe á familia de Manuel Amado Boullosa, avó paterno do escritor Luis Gustavo Amado Carballo, sinalar que foi fillo de Roque Amado e de Caetana Boullosa. Asemade, tamén se coñecen algúns irmáns do antedito Manuel Amado Boullosa. Entre eles figura Serafina Amado Boullosa, quen no ano 1841 casou co escritor Xoán Manuel Valentín Pintos, un dos pioneiros no emprego moderno da lingua galega como vehículo de escritura. Outro dos irmáns de Manuel Amado foi o José Benito Amado Boullosa, elexido para o cargo de senador para a lexislatura 1871-1872, e reelecto para o seguinte periodo. Pódese topar máis información desta figura na seguinte páxina web:

http://www.senado.es/cgi-bin/BRSCGI?CMD ... =000000157


Pousada
Responder