CASASNOVAS
ETIMOLOXÍA
Trátase dunha variante do apelido Casanova, pero grafado no seu número plural. Do latín casae novae, "novas chouzas" ou "novas cabanas"
DISTRIBUCIÓN EN GALICIA (abonados ao servizo telefónico)
Provincia de A Coruña: 2 abonados.
Provincia de Lugo: 0 abonados.
Provincia de Ourense: 12 abonados.
Provincia de Pontevedra: 40 abonados.
HERÁLDICA
En campo de azur dous lobos de ouro, membrados de gules e postos en pao. Bordura de gules con oito aspas de ouro.




