Ola, gostariame recibir algunha información sobre algún destes dous apelidos. Son natural de Vilarbetote, concello de Trabada. O apelido Logares cecais teña unha orixe eo-naviega, xa que os meus avós paternos son de A Veiga (oficialmente Vegadeo). Sobre Carbajales non teño moitos datos aínda que lin nalgún espazo que poderia ser unha adaptación castelá do galego Carballal. Tamén lin que a nai do coñecido escritor galego Valentín Lamas Carbajal, apelidaba Carbajales e probabelmente perdera o plural.
Estudo Filoloxía Galega en Compostela e calquer información sería de agradecer.
Saúdos




