Don Bernardino Sarmiento,1º Conde de Rivadavia
Don Bernardino Sarmiento,1º Conde de Rivadavia
Era fillo de Don Diego Pérez Sarmiento,1º Conde de Santa Marta de Ortigueira,pero,¿quén era a súa nai biolóxica?Doña Teresa de Zúñiga,muller de Don Diego,aparece nomeada como a súa nai nalgúns documentos,sen embargo,os historiadores e xenealoxistas parecen ter opinions diversas.Segundo uns sería fillo dos ditos seus pais tido antes de casaren;segundo outros ''lo tomó y crió como hijo propio''(dando a entender que sería adoptado(?)).O seu irmán (polo menos de pai,que non se deixa claro tampouco se a nai non é a mesma)din que foi lexitimado xunto con él en 1461.Por outro lado,anos máis tarde Doña Teresa,xa viúva,aparece como titora de D.Bernardino ó que chama fillo seu ó que ademáis chama conde,cando aínda non se lle dera o condado de Ribadavia(co cal se referiría ó condado de Santa Marta,supoño).Despóis tamén disque hai un documento no que Don Álvaro de Zúñiga,que parece ser o Conde de Plasencia e 1º Duque de Béjar,como pai da súa filla defunta reclama a titoría de Don Bernardino(ver http:// http://www.h-debate.com/cbarros/spanish ... tml)....En canto á súa descendencia,como fillas de D.Bernardino se citan a Dona Francisca,que sucedeu no Condado de Ribadavia e Dona María,do seu matrimonio con Dona Pimentel y Castro filla dun fillo dos ¿3os?Condes de Benavente e dunha Castro señora de Valdeorras e outras terras..Pero parece que tivo tamén outra filla chamada Dona Teresa Sarmiento,que casou con García Sarmiento de Quiroga,fillo de Gonzalo de Quiroga e unha Sarmiento,quizáis parente súa,e foron señores da granxa e pousa de Arcos,na terra de Valdeorras,e moitos bens casas e terras.Tiveron 9 fill@salgunhas das fillas tiveron descendencia na provincia de Ourense,na vila de Vilafranca(do Berzo),e outras partes...Sobre esa filla non atopei ningunha mención agásnun documento que se conserva no Arquivo do Reino en Coruña,onde só nunha folla un testigo menciona a ''el Conde Don Bernardino que decían hera padre de la dicha Dª.Teresa...''.Onde dicía a palabra ''Conde'' estaba roto o papel,por certo...Creo que un dono da Casa de Balmonte,na provincia de Lugo,enlazou cunha Solís Sarmiento de Quiroga,de Vilafranca,máis que probablemente descendente de García e Dona Teresa.A nai do Padre Sarmiento,da Casa de Perros,en Samos,tamén usaba o apelido Sarmiento de Quiroga,probalemente tamén derivante de García e DªTeresa...De momento non atopei a conexión exacta....Se alguén ten resposta ás incógnitas agradézolle resposte.Saúdos.




