- "Agardamos que en ano e medio o .GAL sexa unha realidade"
Camilo Regueiro, vicepresidente da Asociación Puntogal, defendeu en Radio as vantaxes de que Galicia conte cun dominio propio en Internet // Explicou que coa candidatura xa entregada, agora tócalle á ICANN darlle o seu visto bó.
Galicia xa está un puco máis preto de contar cun dominio propio en internet. A Asociación PuntoGAL enviou a candidatura dun dominio de primeiro nivel para a lingua e a cultura galegas á ICANN, a corporación internacional que goberna as direccións da Rede. Camilo Regueiro, vicepresidente de Puntogal explicou en Radio Obradoiro que agora "toca esperar a que avalíen as candidaturas e ver cal é a súa decisión". Segundo sinalou o que terán en conta dende este organismo é "que se conte cunha capacidade técnica e económica suficiente para xestionar o dominio e que a candidatura conte co apoio da comunidade". Neste sentido destacou que "temos o respaldo de máis de 12.000 internautas, máis de 110 asociacións e o apoio do goberno galego".
Regueiro falou dos beneficios que reportará contar cun dominio propio. "En primeiro lugar terá varias repercusións para a lingua e a cultura galega. A primeira, estar en Internet, o que nos permitirá situarnos no mundo". Tamén implicará consecuencias técnicas positivas a nivel de recopilación de información e de software. "Os buscadores poderán facer búsquedas moito máis efectivas de contidos en galego ou referentes á cultura galega".
Segundo dixo, o .gal reportará ademais beneficios económicos. "Na actualidade o prezo que se paga pola xestión dun dominio vai para fóra, pero cunha xestión propia dun dominio propio, os cartos quedarían aquí". Regueiro remarcou que esa xestión "a realizaría unha asociación sen ánimo de lucro", de xeito que "os cartos se destinarían a promoción da lingua e a cultura no ámbito das novas tecnoloxías".
O vicepresidente de Puntogal explicou que "se a ICAAN cumpre os seus prazos -dar unha resposta nun máximo de 12 meses- o .gal podería ser unha realidade dentro de ano e medio ou dous anos".
La asociación que pide un dominio de internet para Galicia deberá competir con otras 2.000 propuestas de todo el mundo
A.R./AGENCIAS - VIGO/MADRID
La asociación PuntoGal, que lucha porque Galicia cuente con un dominio propio en internet para difundir la lengua y culturas gallegas, tendrá que competir con casi 2.000 empresas, instituciones o agrupaciones que como ellos han presentado su propuesta a la Corporación de Internet para la Asignación de Nombres y Números (Icann), quien se encarga de conceder los nuevos dominios. [...]
[...] La propuesta gallega llega avalada por la Xunta –que ha aportado financiación al proyecto–, las tres universidades, el Consello da Cultura Galega, los partidos políticos con representación en el Parlamento y la Real Academia Galega, entre otros.
"puntoGAL estima que este verán emitirase a avaliación inicial da ICANN ao dominio de Internet para o galego"
23/04/2013 - A candidatura do domino de Internet para a lingua e cultura galega (o .GAL) non recibiu ningunha obxección por parte dos gobernos representados na ICANN -o ente que goberna a Internet- e xa deu varios pasos importantes cara a súa aprobación inicial. A Asociación puntoGAL, quen presentou a candidatura en nome da comunidade lingüística e cultural galega, estima que antes de que remate o verán coñecerase o resultado da avaliación inicial ao dominio.
O presidente da Asociación puntoGal, Manuel González, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para promover a candidatura do dominio .gal. O Goberno Galego achega este ano 9.000 euros a puntoGAL para financiar os últimos trámites e xestións relativas á candidatura, que pode ser aprobada nos vindeiros meses.
La Xunta renovó esta mañana su apoyo a la asociación Puntogal en la recta final del proceso para conseguir el dominio gallego en la red. Lo hizo a través de la firma de un convenio de colaboración por valor de 9.000 euros, que elevan a 490.000 euros la cantidad que la Administración autonómica dedicó a esta candidatura en los últimos seis años.
"A Xunta valora a aprobación do dominio puntoGal como un logro histórico para a proxección da lingua e a cultura galegas"
O Goberno galego felicita a todas as institucións e cidadáns que avalaron esta iniciativa, liderada pola Asociación PuntoGal
Un logro de toda a sociedade
O apoio de máis de 110 institucións de todos o espectros sociais e máis de 13.700 cidadáns foi chave na consecución do dominio. A puntoGal adheríronse máis dun cento de entidades, incluídas as principais institucións culturais (Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega etc.) e educativas (Universidade de Santiago, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña etc) e os principais centros de investigación tecnolóxicas até ducias de pequenas asociacións culturais e profesionais, xunto con máis de 20 centros de emigrantes noutras comunidades autónomas e noutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, A Arxentina, Os Estados Unidos, O Uruguai e O Brasil.
ICANN e puntoGAL asinan o contrato de creación do .gal
11/11/2013 - A ICANN, a corporación que goberna os enderezos da Internet, acaba de asinar o contrato de creación do dominio .gal. O documento rubricado entre a ICANN e a Asociación Puntogal significa a culminación de sete anos de traballo nos que toda a sociedade galega se uniu para conseguir un distintivo de máximo nivel na Internet. Dende este venres, puntoGAL xa non é un candidatura, é o operador dun rexistro da Internet.
ICANN delega o dominio .gal
12/04/2014 Nic.galconvertiuse onte pola noite no primeiro dominio de puntoGAL activado pola ICANN, o organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial. Tras máis de 7 anos de traballo e coas sinaturas de apoio de doce mil cidadáns e 110 entidades, a posta en marcha desta primeira páxina, de caracter técnico e para probas, supón a delegación formal do dominio e a culminación dun longo proceso apoiado por toda a sociedade galega. http://www.puntogal.org/actualidade/nov ... 491&lg=gal
Presentación do dominio .gal
Grazas a esta iniciativa, todos aqueles usuarios da rede que queiran facer visible a súa orixe galega poderán facelo baixo o índice .gal. http://www.realacademiagalega.org/novas ... _count%3D2
A Deputación de Lugo, pioneira en solicitar o dominio .gal A institución provincial rexistrou a petición o día 2 de xuño dentro do Programa Pioneiros, no que se inscribirán os primeiros 90 dominios de administracións públicas, empresas e entidades sen ánimo de lucro http://www.deputacionlugo.org/portal_lo ... gl&level=1
Santiago, 20 de xullo de 2014.- A Xunta activará o Día de Galicia o portal 25dexullo.gal, unha nova web coa que a Administración autonómica se suma ás institucións pioneiras que empregarán por primeira vez o dominio galego. En total serán nove as direccións que o Goberno galego achega a Fase Pioneiros de activación do “.gal”.
A Xunta priorizou tres áreas claves para Galicia para estrear o dominio en galego. Así cultura.gal, lingua.gal, turismo.gal e axendadixital.gal serán os primeiros dominios xenéricos con apelido galego na rede. Estas direccións dirixirán aos internautas ás webs de cultura.xunta.es, http://www.xunta.es/a-lingua-galega, turgalicia.es e amtega.xunta.es. No ámbito institucional, xunto co portal 25dexullo.gal, que recollerá a historia das Medallas Galicia, activaranse galicia.gal, goberno.gal, que conducirán ás actuais páxinas galicia.es e xunta.es, atriga.gal e un novo espazo, presidente.gal. Logro histórico
A consecución do dominio “.gal” o é un fito histórico, froito do apoio de toda a sociedade galega, a unha iniciativa impulsada pola Asociación PuntoGal hai oito anos. Ao obxectivo de acadar un dominio en galego se adheriron máis máis de 14.000 cidadáns, 114 institucións das máis diversas disciplinas, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... nio-galego
27/11/2014
A Asociación PuntoGal presentou esta mañá na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (Universidade de Vigo) a Fase Aberta do dominio .GAL. Despois das fases previas e con cerca de 1000 dominios, o día 2 de decembro ábrese o dominio sen ningún tipo de restrición a toda a cidadanía. Quen queira promover a súa marca ou destacar o valor engadido do seu produto, promover a cultura galega ou destacarse coa referencia ó noso na internet xa ten a súa oportunidade. Ese mesmo día estarán activos todos os dominios solicitados nas fases Abrente e Carreira que cumpran coas esixencias establecidas. Ademais, revelouse que entre os dominios solicitados na fase Abrente pódense atopar grandes coñecidos na internet coma facebook.gal, google.gal e wordpress.gal [...] http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=17026
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015.- O dominio galego en internet celebra hoxe o seu primeiro aniversario con preto de 3.000 nomes rexistrados. Fai un ano que o rexistro do .gal está aberto á cidadanía sen restrición, concedéndose por orde de chegada.
Coincidindo co Día das Letras Galegas, a Arquidiocese de Santiago de Compostela estrea o dominio .gal. A finalidade non é outra que a de facilitar a procura para as consultas que se realicen en galego sobre contidos relacionados coa Igrexa diocesana, así como dar unha maior visibilidade na internet á lingua galega. http://www.archicompostela.gal/la-archi ... ominio-gal