Estimados amigos:
Soy Gabriel Martinez y escribo desde Uruguay.
Estoy deseando conocer primos lejanos de mi rama española, para lo cual, me resulta necesario conocer ante todo hermanos o hermanas de mis antepasados de Ourense.
¿Alguien podrá orientarme en cómo emprender esta búsqueda?
Tengo a Marcial Rodriguez - sin fecha de nacimiento, aprox. 1880 - casado con Tomasa Nogueira, ambos de Ourense.
Muchas gracias desde ya por su ayuda.
Gabriel
Família Rodríguez Nogueira (Ourense)
Buscando hermanos de mis antepasados
Ola Gabriel Martínez:
Eu supoño que non debes de estar moi introducido no mundo da xenealoxía, polo prantexamento do teu inquérito. Non é esta unha resposta insolidaria nen moito menos, simplemente é un poñer á xente na realidade.
Como podes supoñer, con Marcial Martínez e Tomasa Nogueira de Ourense é imposible axudar en nada. ¿por que, de qué parte de Ourense?. Ourense é unha provincia da Galiza que ten dúcias de concellos, e dentro destes concellos hai milleiros de parroquias, e dentro destas parroquias hai milleiros de lugares. Á parte, Martínez é un apelido moi común,...e Nogueira en Ourense é-o abondo. Por tanto, con eses datos non o podería facer eu nen para a miña familia, e residindo aquí.
Eu ben sei que moitos fillos ou netos do noso país andades á procura dos vosos familiares para virdes para acó dada a situación na que vos desenvolvedes; pero iso -aínda que a algús nos pareza ben, aínda que a algús racistas non- é moi complicado. E non por falta de espírito, senon por falta de medios ou tempo.
De todas maneiras noto que de alén o mar sempre pedides e caseque nunca dades; aínda que comprendamos a situación certa de lonxanía que padecedes e a delicada situación socio-económica na que vos movedes. Pero este país tampouco é o paraíso.
Exemplo: eu hai varios meses colguei unha mensaxe solicitando a calquera en Montevideu datos dun sexto avó meu que morreu nesa cidade de 1815 dando nome, apelidos e día, mes e ano en que morreu; así como nome dos país e parroquía na que está rexistrado. Respostas: "cero patatero". ¿como podedes esperar que vos axudemos se vosoutros non axudades. Este portal non é unha ONG.
Mais é igual, ti manda datos máis concretos e seguro que alguén che ha de axudar, home. Pero a ver se tamén botades unha mao.
Saúdos. Lumebóo
[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 02-06-2003 18:02 ]
[ Esta mensaxe foi editado por: lumebóo on 04-06-2003 18:43 ]