Padrón acolle unha nova exposición fotográfica...

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Padrón acolle unha nova exposición fotográfica...

Mensaje por serba »

"Padrón acolle unha nova exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago"

A mostra, organizada e promovida polo Xacobeo componse dunha selección inédita en España de imaxes realizadas no seu día para a mostra ‘Olladas no Camiño de Santiago’ polos fotógrafos galegos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz

Esta colección leva por título ‘Camiño de Santiago. Unha biografía en Imaxes’ e exhibiuse por primeira vez en Lisboa este mes de xuño

En Padrón permanecerá no Auditorio do Centro Social ata o 7 de agosto



Santiago, 31 de xullo de 2012.- A vila xacobea de Padrón acolle dende hoxe a mostra promovida pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo Camiño de Santiago. Unha biografía en imaxes, que chega agora a territorio español tras estrearse en Lisboa o pasado 18 de xuño. Trátase dunha nova selección, inédita, de imaxes realizadas no seu día para a exposición itinerante Olladas no Camiño de Santiago polos fotógrafos galegos Delmi Álvarez, Fernando Vellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz.

A exposición está organizada polo Xacobeo xunto co concello de Padrón e permanecerá no Auditorio do Centro Social desa vila ata o día 7 de agosto. Ao acto inaugural, que se celebrou esta tarde, asistiron o alcalde da localidade, Antonio Fernández Angueira, a concelleira de Cultura e Turismo Carme Lois Ferrón e mais o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo Xosé Paz Gestoso.

A exposición ‘Camiño de Santiago. Unha biografía en imaxes’
Nesta mostra, os autores seguen coas súas imaxes o fío condutor do Camiño Francés, a cidade de Santiago de Compostela e a continuación a Fisterra amosando as paisaxes históricas da Ruta Xacobea e a súa singular riqueza humana. Dende o seu particular punto de vista, estes artistas fixan os seus obxectivos no patrimonio monumental, as iconas xacobeas, a experiencia do Camiño e a emoción da chegada. En resumo, a exposición destaca a beleza da experiencia xacobea, a identificación do home coa natureza e a historia, co tempo pasado e co ritmo cotián dun camiño universal e aberto, ese camiño que conclúe en Compostela.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... o-santiago
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder