http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia ... &nid=17631Diego Calvo presenta "As Mariñas de los periodistas. Calles y plazas con historia"
09/08/2012
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá o libro ‘As Mariñas de los periodistas. Calles y plazas con historia’, que edita a Asociación de la Prensa de A Coruña (APC) e que financia a institución provincial. Na presentación, o titular provincial estivo acompañado polo presidente da asociación, Manuel González.
Este exemplar é o cuarto tomo dunha serie que busca compilar a descrición dos xornalistas que deron nome a algunha praza ou rúa das cidades e vilas da comarca das Mariñas coruñesas (Betanzos, Sada, Bergondo, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carral e Oleiros). Anteriormente, a APC xa editou o libro da zona da Coruña, de Ferrol e o de Santiago; mentres que agora traballa xa no da Costa da Morte, co que tamén colaborará a asociación.
Dirixíndose aos xornalistas presentes na convocatoria, Diego Calvo comezou a súa intervención asegurando que “deste libro deberiades falar vós, os xornalistas, porque o fixestes vós e porque fala de xente coma vós”.
Calvo definiu o libro como unha “enciclopedia” na que se fala de 71 xornalistas entre os que se atopan Clara Campoamor, Camilo José Cela, Álvaro Cunqueiro, Isaac Díaz Pardo ou Miguel González Garcés. Citou, ademais, que ten máis importancia aínda porque inclúe un artigo sobre Luís Seoane escrito por Isaac Díaz Pardo, o que supón a última colaboración que o fundador de Sargadelos e intelectual galeguista fixo antes de morrer.
Finalmente, o presidente provincial animou os xornalistas a seguir exercendo o seu traballo “con rigor”, a pesar dos momentos de crise polos que atravesa a profesión.
"As Mariñas de los periodistas.Calles y plazas con historia"
"As Mariñas de los periodistas.Calles y plazas con historia"
Poblada soledad es hoy el mundo.




