Cambio de apelidos

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
Xullo
Mozo
Mozo
Mensajes: 16
Registrado: 21 Jun 2003, 09:00
Contactar:

Cambio de apelidos

Mensaje por Xullo »

Eu chamome Julio Diaz Martinez; pero o meu avo paternal tinha o apodo de " Cafixo". Pola minha nai o meu avo chamaban-lle "Coladiante" pois vivia na parte mais alen do povo. Si me volvera tolo e quixera cambear o meu nome a Xullo Cafixo Coladiante- podriase facer legalmente? So unha curiosidade. Xullo.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Curiosidad

Mensaje por kruzul »

Ola Xullo:
Entendo que non poderías. Legalmente só podes correxir o nome ou apelidos, no caso que estexan deformados na túa lingoa, ou invertir o da nai e pai. Pódelo ampliar en <A HREF="http://www.usc.es/~snlus/lei40.htm" TARGET="_blank">Lei 40/1999</A>

Saúdos:
Ricardo Lago
Avatar de Usuario
Xullo
Mozo
Mozo
Mensajes: 16
Registrado: 21 Jun 2003, 09:00
Contactar:

Curiosidad

Mensaje por Xullo »

Gracinhas Ricardo: Pois a razon que fixen esta pregunta foi porque agora todolos que sain intrevistados na tele tenhen apelidos Galegos. Cando eu vivia na Galiza, fai moitos anos, pariciaseme que mais xente tinha apelidos castelans. E esto causado pola posibidade de trucar os apelidos de lingoa castelan por apelidos galegos! Xullo
 
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Curiosidad

Mensaje por Milleiro »

Ola Xullo,

Para empezar non sei ao que lle chamas apelidos casteláns, se apelidarse Rodríguez, Fernández ou Gómez é sinónimo de castelán...andas un pouco trabucado.
Istos apelidos rematados en -ez ou -es teñen os datos máis antigos na Galiza, Asturias e nas montañas de León. O apelido González, por exemplo, é tan galego com Raposeiras, outra cousa ben distinta e que o seu uso, de facto, se teña dado noutras latitudes do estado.

Sobre o uso dos apelidos galegos, ten que ver porque unha persoa que teña o primeiro apelido moi común e o segundo non (polo xeral é "galego&quot<IMG SRC="images/forum/icons/icon_wink.gif"> sempre se lle chama por este último. É moi corrente isto no noso País.

En canto a tua pregunta, e acrecentando o que che comenta Ricardo, penso que podes cambiar o apelido, más son moitas trabas administrativa o que te vas topar, comentaron-me de xente que o fixo e saiu-lle moi caro, económicamente, o proceso.

Ao meu entender, iste proceso tiña que ser máis flexíbel, moi semellante ao que acontece nos EEUU. Deberia haber máis liberdade nesta cuestión, sobre todo si demostras que un determinado apelido, que queras usá-lo, está dentro da tua xenealoxia.

Apertas
Xavier
Avatar de Usuario
Xullo
Mozo
Mozo
Mensajes: 16
Registrado: 21 Jun 2003, 09:00
Contactar:

Curiosidad

Mensaje por Xullo »

Gracinhas Xavi e Ricardo por acrarar-me esta curiosidade que tinha. Pois e en EEUU onde resido dende fai moitos anos (precisamente cheguei aos dous anos de edade e agora tenho carenta-dous anos) e sei que eiqui e facil trucar o nome. Non os podo agradecer mais esta labor que facedes! Saudos Xullo
 
Responder