Cuberta do libro 'La derrota de lo épico', de Ana Cabana
A profesora do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Ana Cabana, compila e trae de novo ao recordo moitas das actitudes e dos comportamentos sociais da poboación rural galega que viviu o franquismo no volume ‘La derrota de lo épico’, un libro que vén de editar a Universidade de Valencia e no que se da conta de non poucas formas de disentimento postas en práctica polos moradores de pobos e aldeas de Galicia durante o réxime.