http://www.quepasanacosta.com/?p=23417&opinion=1O 5 de marzo de 1786 o arquitecto Miguel Ferro Caaveiro asinaba un informe sobre a idoneidade de construír unha ponte na paraxe denominada A Ponte Constante. Entre outras razóns, argumentaba que no sitio había restos dunha cepa, que podía ter pertencido a unha vella ponte, e unhas laxas no medio do río, que valerían para asentar os novos piares, abaratando así os custes da obra. O cal, para asentar as pedras, viría por mar até Cee e, desde esta vila, en carro, “que solo dista una hora de Camino”. Esta hora de camiño entre Cee e A Ponte Constante fálanos de cómo eran os camiños entón, das dificultades de desprazarse, dificultades acentuadas pola deixades da administración e que acentuaba o atraso.
A Ponte Constante
A Ponte Constante
(Manuel Vilar Álvarez).
Poblada soledad es hoy el mundo.




