Liñaxes agnaticias: o problema da discrepancia paterna

Investigación de xenealoxías
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Liñaxes agnaticias: o problema da discrepancia paterna

Mensaje por kruzul »

por Alfonso Daniel Fernández Pousada
Cando tiven noticias do estudo que Cristina Buceta estaba a facer sobre o caso concreto dos fillos ilexítimos na freguesía de Saiar no século XVII, inmediatamente veu á miña cabeza a lembranza doutro artigo científico, cuxas conclusións resultaban bastante sorprendentes para todas aquelas persoas que temos inquedanzas pola historia familiar de Galicia. Temos que remontarnos ao verán de 2005, cando se facían públicas as investigacións levadas a cabo pola Universidade John Moores de Liverpool sobre “discrepancia paterna”, é dicir, o feito de que moitos homes teñen fillos que, sáibano ou non, son produto dunha infidelidade da súa parella e, polo tanto, non son os seus verdadeiros pais biolóxicos, senón soamente os seus pais putativos. O ratio, segundo foi publicado na revista de Epidemioloxía e Saúde Comunitaria, afectaría a preto do 4% dos rapaces, o que implicaría que 25 de cada 100 homes casados estarían criando e dándolle o seu apelido aos fillos doutro.

[ http://www.xenealoxia.org/linaxes/galic ... ia-paterna ]
Responder