Valentín Lamas Carvajal (1849-1906)

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Valentín Lamas Carvajal (1849-1906)

Mensaje por serba »

Xosé Manoel Rodríguez | Ourense
O impulsor do xornalismo galego
As pegadas de Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) están vivas na cidade de Ourense, nos seus espazos públicos e nas súas institucións. No casco histórico unha praca lembra, na rúa Lepanto, onde se imprimía o primeiro xornal editado integramente en galego de Galicia e no Posío está o grupo escultórico que a cidade ergueu na súa memoria. E as institucións manteñen aceso un legado que é fonte de investigación e consulta recurrente: a colección de O Tío Marcos d´a Portela e o seu conxunto de colaboradores: Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Losada Diéguez, Peña Novo, Noriega Varela e moitos outros. A extraordinaria acollida da publicación debeuse á defensa que facía «do labrego dende unha perspectiva anticaciquil».
Grupo escultórico do Xardín do Posío en memoria de Valentín Lamas Carvajal. Miguel Villarhttp://media.lavozdegalicia.es/scale.php?i=/default/2014/05/10/0012_201405O10C6F1jpg/Foto/O10C6F1.jpg&w=465px http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ou ... C69916.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder