Ás 19.00 horas de hoxe preséntase na capela do Centro Torrente Ballester o libro “Ferrol y Serantes: 75 años de andadura común”, obra dos investigadores Juan José Burgoa e Carlos de Aracil, que estarán na mesa acompañados polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.
O volume recolle como en xaneiro de 1940 o ata entón Concello de Serantes pasa a formar parte do de Ferrol. A través das súas páxinas, o traballo sinala as ventaxas que representou esta unión de Ferrol e Serantes, que aportou unha ducia de parroquias con historia de seu descrita na publicación, igual que o seu valioso patrimonio como o artístico e o heráldico, o natural, o relixioso e os santuarios (Chamorro e Santa Comba); o arqueolóxico (Lobadiz) o etnográfico (lagoa de Doniños, cruceiros e muíños), entre outros. http://www.diariodeferrol.com/articulo/ ... 14343.html