† Anxo Guerreiro Carreiras ‘Geluco’

Historia de personaxes
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

† Anxo Guerreiro Carreiras ‘Geluco’

Mensaje por serba »

Santiago, 18 de xullo de 2013.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o pasamento do exdeputado do Parlamento de Galicia e “histórico referente da política galega”, Anxo Guerreiro Carreiras ‘Geluco’, que falecía esta mañá na Coruña aos 67 anos de idade.

Nas súas verbas, o máximo mandatario da Administración galega quixo transmitir “no nome da Xunta de Galicia e no meu propio, o máis sentido pésame á familia, amigos e compañeiros de Anxo Guerreiro”.

Segundo indicou Núñez Feijóo, “sen lugar a dúbidas é unha tristura que nos teña deixado, pero tamén é moi importante o seu legado, polo que xa forma parte da historia do noso país”.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ica-galega

Q.E.P.D.
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Acto de lembranza a Anxo Guerreiro Carreiras

Mensaje por serba »

As XI Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores darán comezo o sábado 30 de maio cun acto de lembranza a Anxo Guerreiro Carreiras, nado en Roupar (Xermade).
Trala inauguración das xornadas ás dez e media da mañá a cargo do alcalde de Xermade e responsables da Universidade de Santiago de Compostela, a Asociación de Veciños de Cabreiros, a Nova Escola Galega e Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, a partir das once terá lugar unha táboa redonda sobre a súa figura moderada polo xornalista vilalbés Moncho Paz.
Tamén participarán no acto o profesor Ricardo Gurriarán, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o ex presidente da Xunta Emilio Pérez , o ex conselleiro da Xunta Víctor Manuel Vázquez Portomeñe e o ex parlamentario nacionalista Camilo Nogueira.

http://www.terrachaxa.com/novas/xi-xorn ... -guerreiro
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder