<<En noviembre de 1992 nacía en Estrasburgo la Carta Europea de las Lenguas Regionales o Minoritarias. Auspiciada por el Consejo de Europa, los Estados que la firmaban se mostraban "conscientes del hecho de que la protección y el fomento" de estos idiomas "representan una contribución importante a la construcción de una Europa basada en los principios de la democracia y de la diversidad cultural".>>
Co fin de fomentar o respecto pola diversidade lingüística e promover o plurilingüismo mediante a aprendizaxe de varios idiomas e a defensa das linguas cunha menor difusión, a Comisión Europea declarou o 26 de setembroDía Europeo das Linguas.
"A cultura galega participa co apoio de Cultura e Educación nun encontro internacional en Portugal sobre linguas minoritarias"
A lingua e a cultura galegas compartirán escenario neste encontro con diversas comunidades culturais e lingüísticas de diferentes partes de Europa. Especialistas e estudos dos ámbitos da documentación lingüística, a tecnoloxía lingüística e a diversidade lingüística participan na conferencia que centra este encontro, co obxectivo de promover a reflexión sobre a diversidade lingüística e cultural en Europa.
A Mesa denunciará os incumprimentos da Carta Europea das Linguas ante o Consello de Europa
A Mesa manterá esta segunda feira (6 de outubro) unha entrevista co Comité de expertos do Consello de Europa para a avaliación da Carta europea das linguas onde trasladará os incumprimentos reiterados en ámbitos como o ensino, a xustiza, a administración, as relacións económicas ou servizos culturais Marcos Maceira: “É importante pór en evidencia que o Estado español e a Xunta de Galiza incumpren sistematicamente os tratados internacionais en materia lingüística” http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/685
Presentación en Ferrol do relatorio sobre os incumprimentos en Galiza da Carta Europea das Linguas
Terá lugar o 24 de outubro ás 20:00 h. na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol
O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participará nesta presentación do relatorio que a asociación entregou ao Comité de Expertos do Consello de Europa.
http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/695
Por Galicia Confidencial
A Modern Language Association, a corporación académica que fixa o estándar de investigación no ámbito das linguas, literaturas e culturas aproba un capítulo para a lingua propia de Galicia.
O 13 de novembro de 2014 a Modern Language Association (MLA), a través da súa Directora Executiva, Rosemary G. Feal, fixo pública a aprobación definitiva do Foro Galician Language, Literature and Culture (LLC) no seo da súa organización, destacando así mesmo que “the creation of a forum on Galician studies represents an important addition to the MLA forum structure”. Con esta decisión, a lingua, literatura e cultura galegas intégranse no organigrama da MLA, en pé de igualdade coas demais linguas, literaturas e culturas do mundo, listada por cuestións alfabéticas entre French e German. http://www.galiciaconfidencial.com/nova/21614.html
Santiago, 21 de xaneiro de 2016.- A Xunta de Galicia tivo coñecemento hoxe, para a súa toma en consideración, das recomendacións aprobadas polo Consello de Europa para o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM) no relativo á promoción do uso da lingua galega. Fíxoo despois de que este texto fose publicado na páxina http://ir.gl/260bbb, ao igual que as Recomendacións do Consello de Ministros nas que se marcan as directrices para que o Estado avance no proceso de normalización das linguas cooficiais. Neste sentido, a Xunta lembra que o galego segue sendo a lingua maioritaria de Galicia, cun dos máis altos graos de coñecemento entre todas as linguas minoritarias de Europa.