ROBERTO BLANCO TORRES un dos tres periodistas mártires do 36, nace en Cuntis (Pontevedra) o 18 de marzo de 1891, foran os seus pais Pedro Blanco Crespo e María del Carmen Torres Fuentes. A nai era mestra e procedía dunha podente familia labrega de Lalín, era a menor de nove irmáns.
Casa en 1926 con Xulia Sánchez Novoa, na igrexa de Santa María de Vigo. Non tiveron fillos.
Roberto Blanco foi asasinado o 4 de Outubro de 1936, o seu corpo aparece en San Fiz de Galez (Ourense), sendo soterrado na foxa común do cemiterio.




