Preto do enorme areal de Razo-Baldaio, bañado polo omnipresente océano, como compañeiro inseparable de paisaxe, atópase o que antano foi feudo e morada da liñaxe máis poderosa do seu contorno, os Pardiñas. Aquí, Fernando de Pardiñas, fundador da liñaxe e famoso pola súa heroicidade contra sarracenos e normandos, construíu a súa fortaleza. Tempo despois, sería arrasada polo duque de Arjona Fadrique Enríquez por non subordinarse García Pardiñas I -sucesor de Fernando de Pardiñas- ás ordes deste duque. Gracias ós servicios prestados ós Reis Católicos, permitíuselle construir de novo a torre ameada e repoñer a mesma pedra de armas. Hoxe aínda conserva restos da súa torre do século XV e a vivenda co seu escudo, con idénticas armas ás que poden contemplarse no de Vilardefrancos, que era a residencia principal da familia.
Nota: Artigo tirado da web: http://clientes.vianetworks.es/ayuntami ... monio.html




