Cuinago
-
Tito1
Cuinago
Gustariame encontrar a orixe do apelido Cuinago. Quizais sexa o mesmo que Couñago que teño oido. De todas formas este apelido non aparece na guia de telefono da provincia de a Coruña, e tampouco no indice toponímico de Galicia. Se alguen ten unha idea de onde procede, agradeceriao moito.
-
Tito1
Cuinago
Hola de novo.
Interesante a información de que dispos. En realidade eu so investigara na provincia da Coruña, xa que é este apelido aparece en Santiago a principios da decada dos 30 do seculo XVIII. Sen embargo, resultaba moi estrañas as suas circunstancias. Tratase de Mariana Cuinago casada con Roque Brandoñas. Bautizaron a tres fillos en San Juan Apostol e Santa Susana da cidade de Santiago entre 1731 e 1735, pero un silencio total en canto as suas orixes. Brandoñas e unha parroquia do concello de Zas, e un lugar no de Tordoia, o SW e N de Santiago, pero moi alonxados de Redondela. Últimamente empezara a ter indiciós de Couñago en Vigo, o que tamen era difuminar a sua orixe ó suroeste de Galicia, incluso a parte occidental de Ourense, se se ten en conta a emigración. Se a orixe é Redondela, seria coherente pero a distancia con Brandoñas fan pensar en unha emigración cara o norte. De todolos xeitos moitas gracias pola información. Se tes algunha nova idea ou información seria de moita axuda.

Coynago, Cuynago, Cuinago, son as variantes que atopei de este apelido, en esta persoa en concreto.
De todolos xeitos xa teño encontrado a forma para seguir investigando cara atras. Descubrin sen querer que un fillo chegou a ser escribano de S. M., e como sei cando naceu, podo rastrear o documento notarial, que tubo que facer para presentarse ante o Consello de Castilla para pasar o exame de escribano. En este documento, describe que é maior de idade, 25 ou 26 anos, que coñece o oficio por traballar con un colega, e sobretodo declara a sua filiación, alomenos pais e avos, a modo de carta de limpeza de sangue. O malo é que o non coñecer o notario en que a fixo, tería que leer todos os protocolos de dous anos de Santiago, sempre que estudiase na dita cidade. Un traballo moi grande, para uns obxectivos moi modestos. Por eso me animei a publicar esta cuestión.
De novo gracias, porque a relación con Redondela era descoñecida para min.

Unha matización, o apelido teño datado en 1575 na vila de Redondela, aun Alvaro (¿Asº?) de Coynago dentro do gremio de mareantes. Máis non é un apelido da vila senon dos arredores. No sur, na freguesia de San Salvador de Padróns (Ponteareas), teño datado este apelido: Fernando de Coinago na primeira metade do século XVII, habendo máis coinagos por esa zona.
En resumidas contas, é un apelido que semella ter a sua orixe na aldea de Couñago (Sta. Maria das Estacas-Fornelos de Montes), polo que é moi posíbel que os devanceiros deste Coinago que procuras procedan dalgun lugar perto desta aldea.
O apelido ten realizado as probas de nobreza na Real Chancelaria de Granada:
http://www.ldelpino.com/hidalgrana.html