Chousela

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Chousela

Mensaje por Milleiro »

Antigo apelido galego, presumibelmente, orixinario do lugar do mesmo nome no concello de Viveiro. Actualmente atopamos os seguintes topónimos na Galiza:

ABADÍN (Lugo) Corvite (San Pedro) Chouselas
ABADÍN (Lugo) Graña de Vilarente, A (Sta. Mª Madanela) Chouselas
CESURAS (A Coruña) Carres (San Vicenzo) Chouselas
SANDIÁS (Ourense) Piñeira de Arcos (San Xoán) Chousela, A
SOBER (Lugo) Bolmente (Santa María) Chouselas, As
VIVEIRO (Lugo) Magazos (Santa María) Chousela

Non teño constancia de liñaxes e pedras armeiras para familias con este nome, no Arquivo Histórico Universitario encontramos a proba de sangue de Antonio Lopez Chousela, realizada en 1674: Foran os seus pais Alonso Lopez Chousela e Inés Ramos, e os seus avós Alonso Lopez Chousela "O Vello" e María Rodríguez, e os maternos Pedro Millos e María Ramos.

No Arquivo do Reino de Galiza atopase o seguinte documento:
- LOS VECINOS DE VIVERO Y PEDRO LÓPEZ CHOUSELA CON EL PROCURADOR GENERAL Y VECINOS DE MAGAZOS, SOBRE PAGO DE DERECHOS REALES. 1609 XVII

Actualmente, non se atopan persoas con este apelido na Galiza.
Responder