Maneiro

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Maneiro

Mensaje por Milleiro »

MANEIRO

TOPONIMIA
Non se atopan

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Provincia da Coruña: 257 abonados, na sua meirande parte na comarca do Barbanza
Provincia de Lugo: 5 abonados
Provincia de Ourense: 1 abonado
Provincia de Pontevedra: 103 abonados, fundamentalmente na comarca do Salnés

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Segundo a GEG, con primitiva casa solarenga en Terras de Segre, perto de Ourense. Entroncan cos Seoane, pasando este ramo a chamarse Maneiro de Seoane. Unha galla pasa a Aragón.
Foran as suas pedras armeiras:
1. De sinople, unha torre de prata, deitada de duas estrelas de ouro, e sumada dunha flor de lis, do mesmo metal. (Brasón dos Maneiro de Seoane)
2. De azur, 7 espigas de trigo, de ouro, sumada a central dunha ave. (Brasón dos Maneiro de Aragón)
3. En campo de azur, un lebrel de prata, manchado de sable e acollorado de ouro. (Recollido por Cadena y Vicent no seu "Repertorio de blasones de la comunidad hispánica")
4. De sinople, unha cruz chá e longa, de ouro, deitada de duas palmas do mesmo, empuñadas por mans de carnación, que saen polo franco dunha nube de prata e azur. (Recollido por Cadena y Vicent no seu "Repertorio de blasones de la comunidad hispánica")
5. De goles, unha cazoleta de prata, encabada de ouro. (Recollido por Cadena y Vicent no seu "Repertorio de blasones de la comunidad hispánica" para unha galla dos Maneiro que grafiou como Manero)

OPINIÓN PERSOAL
Tratase dun apelido de orixe galega
Responder