CAMPOAMOR
DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Provincia da Coruña: 1 abonado
Eo-Navia: 18 abonados (de 34 totais na CCAA de Asturias), nos concellos de Coaña e Navia principalmente
Non se atopa no resto da Galiza
LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Ramón de Campoamor e Campoosorio, nado no concello de Navia o 24.09.1817, fillo dun modesto labrego e dunha rica facendada, mais foi criada por unha tía materna rica poseedora dun pazo en Piñeira (Navia). Existeu unha liñaxe, que presumibelmente, tivo a sua orixe no Eo-Navia. Levou como pedras armeiras: en ouro, dous montes, postos sobre ondas de auga de azur e prata, sumados de duas árbores da mesma cor.




