Arranales

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Arranales

Mensaje por Milleiro »

Actualmente non se atopan persoas con este apelido. Segundo a GEG existeu unha liñaxe galega que levou como pedras armeiras: en sinople, un castelo de ouro, aclarado de azur, e un sotuer de prata sobre a torre do homenaxe. Bordura de goles con 8 panelas de ouro.
Espinosa en "Apuntes Gráficos de Heráldica Gallega" describe para este apelido un brasón moi semellante: en sinople, unha torre de prata, superada dunha aspa do mesmo metal. Bordura de goles, con 8 panelas de prata.
Responder