Nasce un novo e ilusionante proxecto na liña de O Faiado da memoria de Vilagarcía.
Este proxecto pretende axudar á conservación e á posta en valor do patrimonio fotográfico a través de 3 claves:
• Fomentando a dixitalización das fotografías antigas de Carballo.
• Engadindo valor a esas imaxes mediante o uso de tecnoloxía de xeolocalización.
• Creando unha comunidade interxeracional que aproveite conxuntamente o coñecemento das persoas maiores coas destrezas dixitais dos xoves.