Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro

Mensaje por serba »

Santiago, 10 de xaneiro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a celebrar por vez primeira o Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, a través de diversas iniciativas nas bibliotecas nodais de toda Galicia. Con motivo desta efeméride, promovida pola Secretaría Xeral de Cultura arredor das celebracións vinculadas co libro e a lectura, os centros públicos xestionados pola Xunta de Galicia nas cidades de Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago de Compostela propoñen este sábado unha xornada con diversas iniciativas centradas nos intereses dos usuarios e usuarias, co obxectivo de motivalos a incrementar a lectura e de achegalos aos fondos e servizos que ofrecen as bibliotecas.
Os lectores, tanto nenos como adultos, que se acheguen á biblioteca o 11 de xaneiro poderán levar en préstamo, durante todo o día, máis obras do habitual, ata un total de 15, a escoller entre libros, materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador, etc.) e publicacións periódicas prestables. Ademais, poderán solicitar ese día dúas obras en préstamo intrabibliotecario.
http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... ibliotecas
- "La Biblioteca de Caldas regalará libros a sus usuarios el día 11"
http://ocio.farodevigo.es/agenda/notici ... ia-11.html
- (15-1-2014):
Marín: "La biblioteca regala estos días libros a sus usuarios y socios"
http://www.farodevigo.es/portada-pontev ... 48047.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro

Mensaje por serba »

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2016.- Con motivo do Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, as bibliotecas centrais territoriais das cidades galegas e a Biblioteca de Galicia, en Santiago de Compostela, organizan diversas iniciativas dirixidas a todos os públicos para promover a celebración desta data. Visitas guiadas para coñecer os servizos que ofrece cada centro, obradoiros, mostras, recoñecementos para os lectores máis activos e agasallos para as persoas que se acheguen o luns ás bibliotecas centran a propostas conmemorativas nos centros que xestiona a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/n ... necementos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro

Mensaje por serba »

Con motivo do Día do Usuario/a das Bibliotecas, o 11 de xaneiro, as bibliotecas centrais territoriais das cidades galegas e a Biblioteca de Galicia, en Santiago de Compostela, organizan diversas iniciativas dirixidas a todos os públicos para promover a celebración desta data, coa que abre o Calendario do Libro e da Lectura 2017.

Visitas guiadas para dar a coñecer os servizos que ofrece cada centro, obradoiros, mostras bibliográficas, recoñecementos para os lectores máis activos e agasallos para as persoas que se acheguen mañá ás bibliotecas centran a propostas conmemorativas das bibliotecas públicas de Ourense e de Lugo, da Biblioteca Pública de Compostela Ánxel Casal, da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola e mais da Biblioteca de Galicia, centros que xestiona a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/ ... a-lectores
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Calendario do Libro e da Lectura 2018 | Día do Usuario/a das Bibliotecas

Mensaje por serba »

Visitas guiadas e recoñecemento aos lectores máis activos para celebrar o Día do Usuario na Rede de Bibliotecas de Galicia
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/- ... ia-usuario

- Calendario do Libro e da Lectura 2018

https://www.xunta.gal/image/image_galle ... id=1158910
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder