Isidro Novo
Foi alá polo ano 1998 cando Camilo José Cela fixo público o primeiro e único tomo dun seu ambicioso proxecto (tiña previsto que fosen 19) denominado Diccionario geográfico popular de España, un proxecto que o iriense iniciou no xa remoto 1971 enviando ás xefaturas de correos máis de 25000 enquisas solicitando a boa disposición dos funcionarios para que lle achegasen topónimos, xentilicios, pseudoxentilicios (alcumes colectivos), refráns, cantigas e calquera outra curiosidade que puidese obrar a prol da identidade do lugar. No que toca a Galiza, ademais da colaboración dos carteiros, tivo o de Iria Flavia a do chairego castrexo Xosé Trapero Pardo, por aqueles anos director do diario El Progreso. Logo do falecemento do Nobel, a Fundación que leva o seu nome depositou a súa confianza para o crecemento da obra no Instituto da Lingua Galega, que a puxo na rede co nome de Portal de Ditados Tópicos Galegos e que ten grande cantidade de datos expostos á curiosidade de xente coma min.
Teño sobre todo unha grande afección polos xentilicios non derivados do topónimo, ou sexa, os que unha poboación adquire polas súas actividades, os seus costumes ou calquera outra razón máis ou menos peculiar. [...]
http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.12392.php
Alcumes colectivos
Alcumes colectivos
Poblada soledad es hoy el mundo.




