Emilio Xosé Ínsua López
O noso autor veu ao mundo o 22 de xaneiro de 1758, concretamente no seu pazo cambadés, erixido no século XVII polo seu devanceiro Pedro Bazán de Torres e que ocupaba o solar onde hoxe se ergue o Parador de Turismo, en pleno Paseo da Calzada cambadés. Despois dunha vida atribulada, como veremos, rendeu os seus días no duro exilio parisino, en 1835. Unha súa irmá, Luísa, casada con Juan José Pardo, será bisavoa da Condesa de Pardo Bazán, a coñecida autora de Los pazos de Ulloa.
Pedro Pablo fixo estudos primarios en Cambados e no colexio beneditino de San Xoán de Poio, conseguindo o título de bacharel en Leis en 1776 (daquela imprescindíbel para ser avogado), a licenciatura en 1781 e o doutoramento en 1782, o mesmo ano en que accede á presidencia da “Academia de Cánones y Leyes” da Universidade compostelá.
Antigo Pazo dos Bazán en Cambadoshttp://ainsuadoinsua.blogspot.com.es/20 ... boliu.html
Pedro Pablo Bazán de Mendoza (1758-1835)
Pedro Pablo Bazán de Mendoza (1758-1835)
Poblada soledad es hoy el mundo.
Libro sobre Pedro Pablo Bazán de Mendoza, de Cambados
Víctor Viana: "Bazán de Mendoza, un afrancesado gallego"
http://www.cambados.org.es/informacion/ ... do-gallego
http://www.cambados.org.es/informacion/ ... do-gallego
Poblada soledad es hoy el mundo.




