A finais de xaneiro de 1976, a Real Academia Galega celebraba o ingreso como académico de número de Ramón Martínez López. Cinco anos antes, o novo membro da institución regresara a Galicia desde América, onde foi profesor da Universidade de Austin. Texas fora o seu destino definitivo como exiliado, nun periplo que iniciara primeiro fuxindo da Guerra Civil cara a Portugal e despois, desde Francia, escapando da II Guerra Mundial. Membro activo do Seminario de Estudos Galegos na súa mocidade, promoveu a creación da sección galega da Modern Language Association of America e foi o autor dun dos primeiros tratados sobre a literatura galega no exilio americano.
http://academia.gal/novas/-/asset_publi ... _count%3D4
Ramón Martínez López, cronista da literatura do exilio
Ramón Martínez López, cronista da literatura do exilio
Poblada soledad es hoy el mundo.




