Rogelio Rivero/a, escritor
-
lalo
Rogelio Rivero/a, escritor
Estoy interesado en saber la obra del escritor ROGELIO RIVERO/A creo que es de Ponteareas lo ultimo que me han dicho es del año 36 y poco mas. gracias .
-
pp
Re: Rogelio Rivero/a, escritor
Tambien estoy interesdado en Rogelio Rivero.
Tengo el nombre de una de sus obras:"Fungueirazos".
Que si, tenia mucha relación con Ponteareas o era, pues dedica su obra a Amad Garra.

Invitado
eu teño un texto seu: "Novelos e mazarocas". O seu comezo é así (se vos interesa buscademe por Sobreira na Wikipedia galega):
ROGELIO RIVERO,
NOVELOS E MAZAROCAS
(CONTOS GALLEGOS),
LIBRERÍA DE JULIÁN BUCETA, VIGO.
AÍ VAI ISO [prólogo]
Tantas veces levan o cacholo á fonte que, nunha delas, párteo un raio. E a min vaime a pasá-lo mesmo. Tanto hei d'escribir e tanto hei de prubicar, que un día cansados xa os críticos das miñas trapalladas, han de saltarme no lombo como cans adoecidos.
E paréceme que vai ser hoxe. Abandonei un terreno conocido, onde me iba medianamente, pra meterme noutro coberto de toxos e pedruscos, i
o pelo que vou botar quizais me chegue ós tornecelos.
¡Vaime caír cada pau enriba da ialma, que astra no mes de xaneiro hei de ter que andar en mangas de camisa!... ¡Lev'o diaño si entra o frío conmigo!
I está ben que me aconteza iso. Ninguén me mandou facer versos. ¿Ibame ben cos contos? ¡Pois duro con eles! ¡Aí van contos a feixes! Mais tamén quixen pitiscar naquilo que a outros deu honra e porveito, i entonces non está mal que alguén me agarre pola chaqueta e diga: «¿Onde vas ti, larpeiro? ¿Non estabas ben ond'estabas?... Déixa-la casa propia, toda sosego e tranquilidade, pra meterte na do veciño, onde vas topar cans que che ladren e xente que che boure nas costas, pois... sofre e cala. Non tes desculpa que dar».
¿Cómo que non? Entendo que os meus versos son moi malos. Non hai nada neles que me faga pensar que poidan ser ben acollidos; mais... si os críticos tiveran en conta certas cousas, quizais non me ferrasen os dentes coa furia con que han de facé-lo. Eu non escribo máis que o que sinto e penso. Os meus versos, malos ou bos, son meus. A Rebeldía que levo na ialma contra toda inxusticia, contra toda iniquidade, contra toda vileza; é a mesma que me obrigou algunhas veces a tomar asento nas salas de Xusgados e Audencias.
Non son poeta pra que me agasallen con xantares, ni pra que me fagan homenaxes. Non lles digo ós labregos, como algúns, que combatan a tiranía caciquil coa fouce, pra vivir eu folgadamente do favor dos caciques i a costa do pobo famento e asoballado. ¿Vale isto algo?...
Respondan agora os críticos.
Autor.
UN XANCIÑO
Xa eran as once da noite cando Farruco saíra da súa casa pra ir pillá-lo tren que había de levalo a Cruña. E como chegou tarde, i o tren non quixo esperar por el, tivo que dar volta.
-Farruco, ¿ti xa volves?
-Xa, muller, xa.
-E logo, ¿qué foi o que ch'escaceu?
-Pois... escaceume decirll'o tren qu'esperase por min.
-¡Mala bomba te apraste, larchán do inferno! Ti sempre fas o mesmo. ¡Ouh, qué centella de besta che me levou a igrexa! ¡Inda valía máis que me casara cun porco, Dios mo perdone!... ¡Ai Pilaira do Rego; Pilaira do Rego, con quén foches emparentar! Non sei de qué che serviu ser o orgullo de teus pais i a envexa de tod'a parroquia! Non te deites, vai ver qué teñen os bois, que non paran de che coucear contr'a porta!
-Deixa que couceen canto queiran, qu'eu alá non vou.
-Eres un perdulario. Así coidas do que hai. Por iso estamos tan adiantados, ¡mala rabia te coma!…
Pilaira dicía todo isto namentras lle tapab'a cabeza a Vicente das Poldras, qu'estaba con ela no leito.
-Pois agora, soilo por ti falar desa maneira, aunque soubera que rompían as patas, non iba ve-los bois. ¡Córrete pr'alá!... Escoita... ¿De quén raio son estas pernas?
-Son miñas. ¿De quén han de ser? ¡Ti seica vés borracho!
-Unha, dúas, tres, catro... Pois o conto tench'o seu chiste. ¿De maneira que agora tes catro pernas?...
-¡Si dormiras i estiveras calado seríache mellor!
-Mais, ¿de quén son estas pernas, recrista?
-Xa che dixen que son miñas. ¿Quéreste calar?
-Serán, mais eu non me conformo. Vou buscá-los mistos, póñolle fogo ó xargón, xa verás que pronto aparece o dono delas.
-¡Olla no que te metes, Farruco!
-Non ten volta. Espera aí...
-Son miñas, Fa... Farruco, -respondeu Vicente cheo de medo.
-¡Ouh, quén ch'está por acá hoxe!... ¡O meu compadre Vicente! Déixese estar, déixese estar e perdone si o ofendín en algo. Si eu me anoxaba era por vía desta mala burra, que se empeñaba en facerme ver que soilo había aí dúas pernas. ¡E sempre fai o mesmo! O que quere e saír coa súa. Outra cousa: ¿Vostede ceou? Porque sinón frítenselle dúas chourizas, que as hai moi boas. Déixese estar, non se erga, que aquí cabemos ben todos. Olle si ten roupa dabondo, sinón bótase máis, que gracias a Dios inda temos pra botar. ¡Vaite demo, quén ch'estaba por acá!... Ande, bote un cigarro namentras vou vé-los bois. E mais vou traguer unha pouca de augardente. ¡Vaite, demo!... ¡Vaite demo!...
A FARRAMENTA
-No tiene volta. Es ella la que está sentada a la ventana. Como sabe que soy cieloso y que estoy compretamente parvo por ella, la gran porca se diega estar allí para hacerme ferver la sangre en el corpo. Mas déjala que vienga, que yo le diré quién soy y cómo las jasto, porque al higo de Garónimo Piérez no le toma ella el pelo. ¿Qué va? Estas góvenes de la aldea, que no tienen inteliguencia ni escultura de ninguna clase, coidan que los hombres somos maroutos de paja, piero se anquivocan. ¿Qué va? Por mucho que se pinten y por mucho que hajan, nunca deijarán de ser unhas chouriceiras fedorientas. Agora xa no está en la ventana. Conócese que me vio aquí, y trata de venir a falarme. ¡Que vienga, sí, que vienga, que le quiero ajustar bien las contas! De mí no se mofa nadie. ¿Qué va?
-Esta noite viñeches máis cedo que nunca. Compriches ben.
-¡Vea, ché!... Yo viengo cuando me dá la jana y cuando se me antueja, que no eres tú presona estuficiente para pedirme explicaciones.
-Home, parece mentira que fales desa maneira, pois eu mal non cho fixen.
-Suerte que tenés vos, porque si me hicieras mal, como inda todavía non m'escacín de ónde para tu rostro ni tu espina del sal, te carnearía como es debido, ¡no más!
-¡Olla cómo me tratas!
-Como se me antueja, pues por mucho que disimules, eres una góven femenina que viste la pollera por la cabeza. ¿Qué va? Además sabe toda la veciñanza del barrio que eres higa de Gorgue Cajallas.
-E ti ¿de quén eres?
De Gargorio Piérez. ¡A mucho pondonor lo asostengo!
-Boeno, pois isto acabou. Ti buscas a túa vida, qu'eu buscarei a miña.
-¡Eso si que no! ¿Qué va? Tú no eres nadie para derribar nuestras relaciones amoríticas, porque aquí no se trata de la guntanza de un masculino y una feminina; aquí lo que se debate por unanimidad, es una cuestión de intereses campesinos, o megor dicho, campestres. Tus fincas confinan con las mías, pero de un modo tan ametrallante y geolítico, que hasta por razón histórica no puedo consentir yo que ningún raposo vienga más tarde a interpretarlas bajo ningún concilio metamórfico. Yo soy descendiente de Fray Guimenez de Juevara, capellán mayor, o sea el de más jrande estatura que tuvo la reina doña Isabel, y no puedo consentir que nadie más que yo celebre sus funerales afeutuosos contigo, más que se aponga tu padre y el cura nos nieje la insolución. ¡Se trata, como antes he dicho, de una cuestión de intereses campestres!
-Olla Miguel: Vaite, e non volvas a pisar esta quinteiro da miña casa. Cando queira casarme, non hei de facé-lo coas veigas nin cos prados de ninguén; casareime con un home que non pense pra nada nos terróns que poida ter meu pai. Conque... x'o sabes. ¡Lárgate, e non volvas máis a este sitio! Adiós...
-¡Oiga, Serafina!... ¡Vea, no más! Vos no podés abandonarme así. Estoy nasionalisado argentino, ché. Provocarías conflicto...
-Teño dito. Non te quero ver máis aquí.
-Pues no te vas así, ¿entendés? Te he de meter una ferramienta en el cuerpo. El día que te descuides, te carneo. Y a tu padre también.
-A meu pai farasllo, que xa é vello e non pode defenderse. Ademais non che conoce as ideias; pero a min... ¡estás ben libre! Cando ont'a noite, despois de tantas promesas, non conseguiches nada, podes estar seguro de que xa nunca me méte-la ferramenta.
¡QUÉ DÚAS PEZAS!...
-Vai dicindo todos cantos pecados teñas, que desa maneira non soilo aforramos tempo, sinón que me contas as cousas ó teu xeito i é moito mellor. Boeno, foches ó baile ¿e qué?
-Pois como Camilo non sabía nada, tiven que andar dunha banda pra outra percurando que ninguén me conocese. E Chuco do Respinga, que xa sabe vostede que onde hai farria nunca falta, pra saber quén eu era chamoume a beillar. «Dime quén eres, muller, qu'eu non te descubro». I eu non facía caso. Beilla que te beilla, pero sin soltar unha fala nin amostrar a cara. A min, como vostede pode comprender, non me conviña que me visen naquel sitio, por iso estaba eu calada.
-Xa me contaches ese conto máis d'oito veces. Dime qué pecado é ese de que falaches antes, e acaba logo, pois paréceme que imos estar tod'o día.
-¡Ai, don Mouricio, seica non llo conto... dáme moita vergonza! Ademais, si el o sabe mátame.
-¿E quén llo ha de dicir? Vaia, déixate d'andar con esas furtadelas, porque xa sabes que Dios está no ceo, i o inferno non foi feito prós cans.
-Pois si, mais... ¡Ai, Asús! Dáme moita vergonza.
-¿Qué vergonza, nin qué oito cartos? Acaba logo, sinón voume e déixote quedar aquí.
-El, despois d'estar porfía que te porfía...
-¿Mais el quén?
-Chuco... Levoume pra fóra da porta e, porfía que te porfía, ateima que te ateima, fíxome sentar nuns paus de piñeiro que alí había. Despois...
-Despois, ¿qué?
-¡Perdone, don Mouricio, mais non llo conto!
-O mesmo me dá. Eu, con non che botá-la insolución, teño acabado.
-Boeno, pois direillo. Estando xa sentados naqueles paus, comezou por dicirme catro cousas... ¡Ai, Asús! Catro cousas... Perdone, mais seica non llo conto.
-É o mesmo. Xa sei, pouco máis ou menos, o que fixeches aquela noite. Faltácheslle ó respeito ó teu home.
-¡Mais si vira vostede qué cousas me dixo el!... Vostede, no meu caso, pecaba tamén.
-¿Ti sabes o qué falas?
-¡Aí, pecaba, señor abade, pecaba! Vostede, no meu caso, non tiña máis remedio que pecar tamén.
-¡Cala, María Rosa, cala! Ti estás ardendo no inferno. Aquela noite as falas dun condanado, perdéronte.
-Si dixera dun anxo, certaba mellor. Inda parece que resoan as súas falas nos