Casa de Fao (San Xoan de Touro)

Investigación de xenealoxías
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Casa de Fao (San Xoan de Touro)

Mensaje por Milleiro »

CASA DE FAO (San Xoán de Touro)

Segundo a información atopada na documentación, os Neira, da casa de Fao en San Xoán de Touro, nacen moi ligados á Casa de Brandeso. Seguen unha liña paral ela ata que, extinguida a liña sucesoria dos Montero de Brandeso, herdan os seus vínculos e morgados. A orixe da Casa é un pouco confusa, xa que as fontes bibliográficas e documentai s son contradictorias. En todo caso estaría nun dos maridos de Isabel Montero Fi gueroa, ben Marcos Fernández Moreiras, alférez (co que casa en 1657), ben Critób al Fernández Moreiras (co que casa en 1637). Pola data parece máis factible que a liña parta do segundo, xa que a filla que os sucede, María Montero, nace en 1639 e morre en 1715. María casou con Antonio López de Neira, posuidor do morgado de Trasdeza, a Casa de Outeiro, a Granxa de Troncoso, a Torre de Gres, etc. O seu fillo, Pedro Antonio de Neira y Montero, nado en 1664, posuía a casa de Fa o. Casou con María Antonia Pose de Leis Pardo de Andrade preto de 1696. Tiveron catro fillos e os sucedeu Pedro Antonio de Neira y Leis ( 1698-1746), casado con María Teresa Pardo Montenegro en 1719. Tiveron tres fillos e os sucede Pedro Antonio de Neira y Pardo, nado en 1720 en Santa Uxía de Fao. Casou con Ana Josefa de Prado e Salgado. Estes tiveron por fillo a Juan José de Neira y Prado (1748-1814), casado con Lui sa Ángela Vázquez Montenegro. Fixo información de fidalguía na Coruña, en 1764. Este foi o chamado a suceder na Casa de Brandeso, como representante da liña de Isabel Montero, unha vez extinta a liña sucesoria.

NOTA: Artigo recollido do Arquivo do Reino de Galiza, a Casa de Fao é un subfondo da sección da Casa de Brandeso. Este subfondo comprende un periodo cronolóxico que vai desde o ano 1571 ata o 1820, pero o groso da documentación é do século XVII e fundamentalmente do XV III. Esta é fundamentalmente de tipo patrimonial, aínda que a sección de Xenealoxía, títulos e vínculos e a dos Arquivos individuais, as dúas en pequeño volume, tamé n están presentes.
Avatar de Usuario
JuandeGolmar
Mozo
Mozo
Mensajes: 15
Registrado: 02 Mar 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por JuandeGolmar »

En Santa Uxia de Fao, del Ayuntamiento de Touro, nos dice Carlos Martínez Barbeito en su obra "Torres, Pazos y Linajes de la provincia de La Coruña" hay un viejo caserón descuidado, llamado Casa de San Cristobo, con capilla exenta y sin escudo de armas. Era la casa del Alferez Marcos de Neyra y su esposa Isabel Montero.
Una de las poseedoras, María Gasset Neyra, era tía de don José Ortega y Gasset. La casa fue vendida a personas extrañas de la familia. Esta es, sin duda, la Casa de la que nos habla Milleiro.
En Santa Uxía de Fao había otra Casa denominada de los Becerra, llamada también Casa de Ferreiros, que tenía un escudo de armas compuesto de un águila con dos cabezas y una corona sobre ellas, y a cada lado de dicha águila, la cabeza y pescuezo de una becerra, la figura de un castillo con dos leones coronados, que era el blasón de los Becerra que al parecer descendían de los antiguos Becerra de Caamaño, señores de la Casa de Nebra
Responder