No capítulo de cidades con nomes bimembres, con epítetos ou xentilicios engadidos por algunha ou outra motivación (como foi no pasado o caso de Ferrol, do que se falou estes días no foro), unha das cidades que máis me chama a atención é o caso de Betanzos. A toponimia correcta na actualidade, segundo o nomenclátor de Galicia, é Betanzos, pero no pasado levou incorporado unha segunda parte: "dos Cabaleiros", ou "de los Caballeros", en función da lingua empregada nos textos históricos.
Algúns queren xustificar este epíteto no feito de que os Andrade, importante familia de cabaleiros e fidalgos, tivo en Betanzos unha importante presencia. No meu senso, esta explicación paréceme insuficiente, xa que case que todas (senón a totalidade) das cidades da Galicia medieval estaban dominadas por señores, cabaleiros e fidalgos, sen que tal feito fose tan sustancial como revertilo no seu nome. Outra posibilidade sería que estes cabaleiros non fosen outros que os Templarios, ou os da parella orde dos Hospitalarios, xa que por esta vila de Betanzos, no seo do Camiño dos Ingleses, pasaron primeiro
os templarios das illas británicas e dos países nórdicos que viñan visitar a tumba do apóstolo. De feito, durante o 1147, unha escuadra da Segunda Cruzada, temonelada polo Temple e integrada por cabaleiros ingleses, alemáns e flamencos, seguiu o Camiño Inglés para visita-lo sepulcro do Santo Xacobe antes de dirixirse á Terra Santa. Despois de facer pousada en Compostela, axudarían a Afonso I de Portugal na toma de Lisboa. Cómpre dicir que nas proximidades de Betanzos, concretamente na igrexa de Santa María de Cambre, aínda é hoxe o día no que se conserva unha “hidria das vodas de Caná”. Crese que esta vasilla medieval foi importada por un cabaleiro templario que a trouxo directamente dende o Reino Latino de Xerusalén.
Só é un parecer meu, e descoñezo se outros trataron este tema con anterioridade. En todo caso, gustaríame que alguén que teña máis coñecemento sobre as orixes do nome composto de Betanzos, máis especializado nestas lidias me puidese resolver esta dúbida.
Betanzos dos Cabaleiros
- Cristina B
- Administrador

- Mensajes: 1083
- Registrado: 10 Ago 2005, 09:00
Hola Alfonso, dice Manuel Murguía en su libro “Galicia” (Edicions Xerais de Galicia,S.A, 1982) que desde los primeros años del siglo XVI buscaron abrigo en Betanzos ”las principales familias solariegas de las cercanías y aun de mas allá; en tal punto, que hasta algunas de ellas que no vivían en la población a la continua, tenían casa dentro de sus muros, mereciendo por esto que le apellidasen Betanzos de los caballeros”
El autor explica tal migración por distintas razones: clima, , abundancia de víveres, importancia como ciudad realenga, prosperidad.
Cariños
Cristina
El autor explica tal migración por distintas razones: clima, , abundancia de víveres, importancia como ciudad realenga, prosperidad.
Cariños
Cristina



