O derradeiro violinista ambulante de Galicia

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O derradeiro violinista ambulante de Galicia

Mensaje por serba »

<< O Proxecto Florencio pecha a súa homenaxe ao 'Cego dos Vilares' >>

Florencio López Fernández, nacido en 1914 na Fonsagrada e finado en 1986 e por certo tío-avó de Xoel López, foi músico de casualidade. Quedou cego pola varíola, e foi por isto que aprendeu a tocar o violín. Tocouno toda a vida, pasou pola guerra civil, a ditadura, a transición e a autonomía e sobre todo pasou pola chegada do fonógrafo, os altofalantes, as orquestras e o cassette. Pasou polo tanto por un cambio sociolóxico acelerado en Galicia que levou ao despoboamento do rural e o cambio de costumes. E acabou sendo o derradeiro violinista ambulante de Galicia.

O pasado ano a Central Folque propúxose recuperar a figura do Cego dos Vilares, a través do Proxecto Florencio, formado por 14 músicos novos baixo a dirección musical do zanfonista Germán Díaz, que durante meses se dedicaron a reinterpretar os temas de Florencio López, como O cantar do arrieiro, A Filla de Bartolo, O Testamento do Gato ou o Alalá do arador, conservados nun cento de gravacións caseiras realizadas por aquelas persoas que, en Galicia e Asturias, acudían a escoitalo.

Paralelamente ao proceso de traballo cara a elaboración do espectáculo, dende o Proxecto Florencio leváronse a cabo outras actividades como obradoiros divulgativos nos centros educativos da Fonsagrada sobre a figura do Cego dos Vilares ou ensaios abertos ao público no salón de actos municipal da mesma vila. Durante as sesións de traballo ao longo do curso tamén estiveron presentes profesionais de diferentes disciplinas que achegaron coñecementos teóricos sobre diferentes aspectos do repertorio de Florencio: Dorothe Schubarth (musicóloga e autora do Cancioneiro Popular Galego), Pancho Álvarez e Gutier Álvarez (violinistas), Ramom Pinheiro (historiador), Sergio de la Ossa (musicólogo especilista en análise musical).

O derradeiro concerto desta formación, que xa actuou na Fonsagrada, terá lugar este xoves no Museo Provincial de Lugo a partir das oito e media da tarde, coa presentación de Celso Sanmartín, e nel empregaranse os instrumentos que habitualmente tocaban os músicos cegos, como a zanfoña, o acordeón e o propio piano. Os músicos cegos foron moi habituais en toda Europa até mediados do século XX. Normalmente ían acompañados dunha persoa que os guiaba, en moitas ocasións un rapaz de curta idade, quen acompañaba con algún instrumento de percusión ou se dedicaba a vender os pregos de papel que gardaban escritas as letras dos chamados Romances de Cego.
http://praza.com/cultura/1877/o-proxect ... s-vilares/


Enlace: http://www.folque.com/actualidade/nova. ... 069&lg=gal
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Re: O derradeiro violinista ambulante de Galicia

Mensaje por serba »

"REMATE DO PROXECTO FLORENCIO"

Texto de Germán Díaz para o Proxecto Florencio
13/09/2012

Publicamos o texto que Germán Díaz leu nos dous concertos do Proxecto Florencio. Deixamos tamén esta ligazón da entrevista que se lle fixo desde http://www.folque.com en xaneiro deste 2012, cando o proxecto botaba a andar cos primeiros ensaios. Agora que xa se remataron os concertos e o grupo se disolveu, convén lembrar o que dicía Germán aló polo inverno "Florencio é unha nova, unha estrela cun brillo superior ao ordinario da música popular"



Que distinto o outono

para min que vou

para ti que ficas.


Masaoka Shiki.


Queridos amigos.

Despois destes nove meses de ensaios, de xestación, ao fin ve a luz a criatura que alimentamos con cariño e dedicación. Por iso agora me gustaría poder partillar con vós esta breve reflexión sobre o camiño que nos trouxo até aquí.

Recordo o día que me chamou Chito para comentarme o Proxecto Florencio, o seu ofrecemento xeneroso para dirixir dalgún modo a parte musical. Era Outubro, un 8 de outubro, e casualmente, estaba nun xardín ao que lle teño especial cariño, de Santiago de Compostela, o xardín do Hotel Costa Vella, mirando nubes, e vendo como o outono entrada na cidade.

Como todo aquel que se dedica ou interesa polas músicas tradicionais, coñecía, ben é certo que de maneira un tanto superficial, a figura de Florencio, xa que foi o último representante dunha forma de vida e dunha tradición tan interesante e intensa como é a dos cegos coplistas e a súa literatura de cordel, materia coa que teño, por gusto, e por familia, moita relación.

Agradoume máis, se cabe, o convite a participar neste proxecto, cando me enterei de que Florencio foi un ilustre Fonsagradino, e que no museo comarcal, se conservan algúns obxectos persoais e o seu violín.

A miña relación, telúrica e sentimental coa zona da Fonsagrada, vén de fai algo máis de sete anos, cando fun por primeira vez a Vilar, ese paraíso perdido, onde naceu a familia paterna de Nadia, a miña parella; un pequeño lugar que quedou practicamente incomunicado cando fixeron o encoro de Grandas; casualmente, tamén coñecín na miña cidade natal, Valladolid, antes de vir vivir a Galiza, un enxeñeiro que vivira na comuna que houbo en Vilar, e casualmente, tamén, o inverno pasado chamáronme para gravar a Banda Sonora do filme Vilamor, que narra os traballos e os días da comuna. Casualmente, agora vivo nunha das casas que lles ofreceron aos colonos na terra Cha, cando tiveron que marchar desas terras polo encoro, e casualmente, o ano pasado, estivemos a punto de mercar unha casa por aquí...

Tanta casualidade faime pensar no que dicía Schiller: “Non existe a casualidade, e o que se nos presenta como azar xorde das fontes máis profundas...”

En fin, que agradecín moito a proposta de Chito, e acepteina encantado.

Despois coñecín a Gema, a xefa deste asunto, fronte ás ferraxes medievais do mosterios de Meira, e fomos á súa casa, en Pol, para concretar calendario de traballo, e alí probamos as noces das súas nogueiras e desfrutamos da súa xenerosidade e a dos seus pais nesa, e outras ocasións. Incluso paseamos pola Fraga de A Marronda, unha das máis importantes reservas de faias de Europa sur occidental, que tan ben protexida está que, teño que recoñecer, que conseguimos ver unha ou ningunha faia... os tonos avermellados e dourados das faias, son unha das cores máis belas coa que se anuncia o outono. Xa a empezaba a sospeitar que todas as citas en torno a Florencio, nos sinalaban as estacións e tiñan unha sinerxia que bebía das fontes máis profundas, desas que falaba Schiller.

Empecei a facer acopio de información sobre a figura de Florencio e entre antigos recortes de prensa, atopei unha cita, na que falaba do seu nacemento: “nacín o 12 de abril de 1914, cando vén o cuco a anunciar a primavera”... de novo as estacións...

Durante os meses de ensaios, fomos aprendendo xuntos, disfrutando da intensa actividade de compartir música. Tivemos a fortuna de desfrutar non só da música, senón das deliciosas sobremesas que cada un traía aos ensaios, do champán que levan cando o director, que son eu, non podía ir, da primeira nevada do ano cando fixemos o ensaio aquí, na Fonsagrada, das doces maneiras de Esperanza explicándonos as coleccións do museo, do cantar das ras e piar de papo-roivos no ensaio de Arqueixal...

E ademais, teño que recoñecer que andaba todo un pouco a tropicóns até o día de San Xoán. Como se fose unha epifanía, os ensaios desa fin de semana, empezaron a sonar doutra maneira, e as pezas do puzzle encaixaron. Seguro que nos axudou ter por primeira vez a Pablo Pascual co seu clarinete contrabaixo, pero seguro que tamén algo fixo o lume de San Xoán, ademais de anunciarnos a chegada do verán...

En fin, fomos tan afortunados, que desfrutamos do pasar das estacións mentras aprendiamos da obra dun ser tan especial como Florencio. Cando ía descubrindo a súa vida, o seu azaroso tránsito, sorprendeume recoñecer nel as palabras dunha das grandes cantantes de todos os tempos, Billie Holiday, que dicía: “Dixéronme que ninguén canta a palabra fame coma min. Nin a palabra amor. Tal vez eu recorde o que queren dicir esas palabras”.

Aínda que o proxecto Florencio penseino cun lapis e un papel, ao final, foi a vida e o sentimento xeneroso de todos os compañeiros, o que dirixiu a súa marcha. Ao final, camiñou así: saboreando noces, escoitando as ras e os papo-ruivos, vendo nevar, xuntando ramalletes de orballo ao despertar San Xoán, sentindo a chegada do verán...

Como dicía John Lennon: “A vida é o que che sucede mentras estás ocupado facendo outros plans”. Así que penso que fixemos ben en facerlle caso á vida, ás estacións e ás profundas fontes de Schiller. Estivemos ocupados no respecto do seu ritmo de crecemento. Estou seguro de que Florencio se sorprendería moito ao escoitar este Proxecto Florencio, que bebe das súas creacións e do que el cantou e amou durante a súa vida; do seu violín, que o acompañou até a súa hora postreira, pois os músicos non se retiran; paran cando non hai máis música no seu interior. E el non parou até a súa morte.

Así que Gema, María, Carme, César, Jose, Rebeca, Pacior, Sonsoles, Abel, Lolita, Gom, Xacobe, Sopas e Pablo, grazas pola vosa xenerosidade, e por ter desfrutado vendo a neve, por ensinarme a estar atento ao canto das ras, e por revelarme os misterios significativos do lume de San Xoán.

E a vostedes, xeneroso auditorio, dicirlles que o que agora van a escoitar, máis alá dos meus erros como incapaz arranxista, ou dos erros técnicos que poidamos cometer, é a música dictada ao alvor das estacións. É unha música que, como a de Florencio, sae da alma, porque non entendemos a vida doutra maneira.

E como di un antigo proverbio sefardí O que da alma sae, á alma toca.

Moitas grazas.

Casablanca, 6 de Xullo 2012.
http://www.folque.com/actualidade/nova. ... 075&lg=gal
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

O derradeiro violinista ambulante de Galicia

Mensaje por serba »

aCentral Folque recupera a Florencio, cego dos Vilares

O libro CD recolle o traballo de Antón Santamarina e Dorothé Schubarth sobre o músico

http://culturagalega.gal/noticia.php?id=25314
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder