Cando estudas a toponimia aprendes moitísimo

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Cando estudas a toponimia aprendes moitísimo

Mensaje por serba »

A súa tese doutoral está dedicada aos nomes de lugar das bisbarras de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas

S. G. RIAL

Carballo / La Voz. 05 de septiembre de 2012



Paulo Martínez Lema naceu hai 30 anos no concello lucense e chairego de Begonte, pero ese segundo apelido denota unha inequívoca procedencia da Costa da Morte: a súa nai é de Fornelos (Baio), con raíces familiares no veciño Borneiro.

Paulo é actualmente lector e profesor e galego na Universidade de Deusto, en Bilbao. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, fai dous anos leu a súa tese de doutoramento, titulada A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do Tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV), un extraordinario compendio de preto de 600 páxinas nas que analiza polo miúdo os principais nomes daquel tempo (e naquela documentación), explicando ademais a súa evolución.

Dende fai uns días este traballo que foi cualificado con sobresaínte cum laude (ao ser doutor europeo leu unha parte en inglés, en setembro do 2010) xa se pode descargar tamén por Internet desde Galegobook.

Paulo Martínez tamén é autor de As crónicas chairegas, un compendio de 16 contos, libro que editou a Fundación Manuel María. Foi o seu primeiro libro, e antes levara varios premios nalgúns certames, nos que ademais do recoñecemento, incluíuse a publicación do traballo.

- ¿Como lle deu pola toponimia?

- Tería que remontarme ao 2005, cando estaba no Ilga, nun proxecto de gramática histórica. Orientei a carreira cara a documentación medieval e a lingüística histórica. E a toponimia, para facer algo moi documentado, sólido, con base. Escollín Toxos Outos [mosteiro moi importante no medievo, en Lousame], baleireina e fixen a base de datos con toda a súa toponimia. E, a partir de aí seleccionei e fun cara esa catro comarcas. Non só a deses séculos en concreto, senón que dende aí intentei explicar a orixe e evolución de cada topónimo.

- ¿Sabe de cantos?

- Na tese analizo uns 400 topónimos.

- ¿E non lle influiu na selección a súa orixe materna?

- Pode que si. Dende pequeno vou aí constantemente, teño amizades, fixen moitas na carreira con xente desta zona, e tamén era mellor á hora de obter datos, cando tiña que ir a determinados sitios. Mellor aí que a outras zonas de Galicia.

- Ten topónimos aos que lle dedica varias páxinas. Soneira ou Baíñas, por exemplo, están moi desenvolvidos. ¿Hai algún nome que lle chame especialmente a atención?

- Moraime gústame moito. Tamén Mintiráns ou Morquintián, todos de Muxía. Castro dá moito xogo, porque según o sitio pode ter un significado diferente. Baíñas é desquiciante, porque non hai unha explicación que lle acaia ben, aí miro sobre todo o que dixeron outros autores. Mazaricos, por exemplo, que é nome dun paxaro, pode vir dun alcume familiar. Hai lugares que cambian de nome, un montón que desaparecen, como o río Toar, que é agora o Castro...

- ¿Fisterra ou Finisterre, cal é o correcto?

-Fisterra. Na forma galega, o N intervocálico cae, como de luna a lúa. Ocorre que nos textos eruditos prevalece a forma culta, sen implantación popular, que coincide coa forma do castelán, e que a popular foi desprezada. Pero Fiisterra xa aparece en textos desa época, moi antigos.

- A toponimia pode chegar a apaixonar, ¿non?

- A toponimia é un tema que dá moito de si. Cando a estudas, aprendes moitísimo, ou polo menos a min pasoume. Manexas numerosa documentación e moi diversa, tocas temas de historia, de socioloxía, xeografía, lingüística...

PAULO MARTÍNEZ LEMA doutor en filoloxía
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ca ... C11991.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e

Mensaje por kruzul »

Serba, pois mira por onde no páxina Galegobook (http://galegobook.blogspot.com.es/2012/ ... tinos.html) atopei o enlace á tese Paulo :)
MARTÍNEZ LEMA, Paulo: «A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV)». Santiago de Compostela: Universidade. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010. ISBN 978-84-9887-578-2 ( http://hdl.handle.net/10347/2870 )
Descargar o libro
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Toponimia das comarcas de Bergantiños,Fisterra,Soneira e Xal

Mensaje por serba »

Hola :D

Acababa de verlo en Galegobook, Kruzul, pero no recordaba si ya estaba en otro apartado del foro -Documentos, transcripcións e guías / Digital CSIC y otros enlaces de interés-.

Acabo de revisarlo ahora. El del otro apartado se trataba de otra publicación de Paulo Martínez Lema -aunque se trata de pocas páginas, lo vuelvo a incluir aquí, así no quedan separados estos 2 trabajos suyos sobre toponimia que podemos consultar en internet-.
serba escribió:Paulo MARTÍNEZ LEMA [Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela)]

"Estrategias de latinización de toponimia romance en un cartulario medieval gallego: el tumbo de Toxos Outos"

Estudis Romànics [Institut d’Estudis Catalans], Vol. 33 (2011), p. 265-277
DOI: 10.2436 / 20.2500.01.81

http://www.raco.cat/index.php/Estudis/a ... 263/340028


Saúdos
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder