Homenaxean o profesor Justo Beramendi cun libro...

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Homenaxean o profesor Justo Beramendi cun libro...

Mensaje por serba »

"Homenaxean o profesor Justo Beramendi cun libro sobre os nacionalismos e a construción de identidades"

O catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, Justo Beramendi González, será o vindeiro luns 17 obxecto dunha homenaxe na Facultade de Xeografía e Historia coa presentación do libro De la idea a la identidad: estudios sobre nacionalismos y procesos de nacionalización. O acto terá lugar ás 13:00 horas no Paraninfo da Universidade.

Os profesores da USC Ramón López Facal e Miguel Cabo Villaverde son os responsables da edición desta obra, na que colaboran membros do Departamento de Historia Contemporánea e de América ao que pertence o profesor Beramendi e outras persoas cunha intensa relación profesional e académica na súa traxectoria.

De la idea a la identidad estrutúrase en tres seccións, dedicadas á análise dos nacionalismos, aos procesos de nacionalización mediante os cales as identidades nacionais son asumidas pola poboación e ao estudo da interacción dos nacionalismos con outras ideoloxías, recolléndose así tres tipos diferentes de aproximacións aos procesos de construción nacional.

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/20 ... _0067.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder