Eclesiásticos de sangue galego no Bispado de Xaén

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Eclesiásticos de sangue galego no Bispado de Xaén

Mensaje por kruzul »

Eclesiásticos de sangue galego no Bispado de Xaén
por Alfonso Daniel Fernández Pousada

"Entre aqueles instrumentos dos que se serven os xenealoxistas para refacer distintas gallas familiares, un dos más útiles vén sendo a información de limpeza de sangue, que se esixía aos aspirantes a fin de amosar que o investigado non contaba con mouros e xudeus entre os seus devanceiros. O acceso a cargos públicos ou ordes militares, ao ministerio religioso, así como a entrada ou saída aos reinos do Imperio Español estaban condicionados, en gran medida, ao placet das autoridades, cuestión que, por suposto, supuxo unha gravísima discriminación social e relixiosa, e un auténtico atentado aos dereitos das distintas etnias. Por sorte, hoxe en día a xenofobia é un fenómeno cada vez máis reducido e, setenta anos despois do holocausto nazi e vinte anos despois da fin do apartheid, movementos coma o antisemitismo, a islamofobia e mailo racismo son un mal extirpado na súa meirande parte.

No marco do cristianismo, os arquivos históricos das distintas diócesis galegas conservan, aínda hoxe, as probas de limpeza ás que foron sometidas os seus membros nos séculos da persecución inquisitorial, como resultado do cal, os investigadores e historiadores poden traballar coas fontes orixinais, pero tamén con manuais compostos a partir destas relacións xenealóxicas. Un dos exemplos máis salientabeis é o libro Linajes Galicianos, de D. Pablo Pérez Costanti, que adica unha das súas partes aos coengos da Catedral Metropolitana de Compostela. Pero o certo é que tamén houbo galegos, ou descendentes de galegos, que iniciaron ou continuaron o seu ministerio sacerdotal fóra do ámbito xeográfico de Galicia, nas dióceses dos outros reinos cristiáns na España dos séculos dourados."
Descripción del Reino de Jaen Ordenada por el Doctor Gaspar Salcedo de Aguirre, natural de Baeza y Prior de Arjonilla ; dibujada por Juan Domenico de Villarroel, Cosmógrafo del Rey nro. Señor. Cortada en Sevilla por Baptista Camila (1588)
Descripción del Reino de Jaen Ordenada por el Doctor Gaspar Salcedo de Aguirre, natural de Baeza y Prior de Arjonilla ; dibujada por Juan Domenico de Villarroel, Cosmógrafo del Rey nro. Señor. Cortada en Sevilla por Baptista Camila (1588)
Reino_Xaen.jpg (186.81 KiB) Visto 1603 veces
Seguir lendo => http://xenealoxia.org/linaxes/galicia/2 ... do-de-xaen



Para publicar na nosa páxina de Xenealoxía.org os traballos deberanse entregar corrixidos, e en texto plano ou enriquecido preferiblemente. Os interesados poñerse en contacto con Cristina Buceta => Cristina B
Responder