A historia da familia Matos e da Casa do Fuxón, en Tirán

Investigación de xenealoxías
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A historia da familia Matos e da Casa do Fuxón, en Tirán

Mensaje por serba »

MANUEL U.GARCÍA/ GERARDO GAIO - MOAÑA
Como todos os anos, por estas datas, vaise honrar a Nosa Señora dos Remedios no interior e arredores da capela mandada construír en 1540, no cumio do castro dos Remedios, polo daquela capelán de San Xoán de Tirán, D. Rui Fernández de Bon, co obxecto de santificar un antigo santuario galaico-romano vencellado á saúde. Festas tan tradicionais, invitan a familiares e amigos de Tirán, e das parroquias veciñas, a parolar sobre os máis diversos temas entre os que sobresaen as lembranzas dos devanceiros que, ao longo do tempo, contribuíron a engrandecer unha freguesía que ten como eixo a igrexa románica de San Xoán, erguida no século XIII.

Aínda que, na actualidade, case ningún deles oíu falar da familia dos Matos, no século XIX e comezos do XX, era a que máis popularidade tiña nesa freguesía pois, no ano 1816, a dona da Casa e Granxa do Fuxón, dona Francisca Antonia de Santos Vello Romay, casou con don Prudencio Matos Troncoso quen, no 1820, cando comezaba o trienio liberal, foi alcalde dun novo concello formado polas parroquias de Coiro e Tirán.
http://www.farodevigo.es/portada-o-morr ... 82845.html
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder