O Instituto Arxentino de Cultura Galega e o Centro Betanzos de Bos Aires invitan á presentación do libro "Carlos López García Picos, 'O Chapa'. Recordos e apuntamentos para transitar a súa biografía", de Graciela Pereira. O acto terá lugar o venres 15 de novembro, ás 19:30 horas, no Teatro Castelao de Capital Federal (Moreno 2176).
Carlos López García Picos, nacido en Betanzos o 19 de outubro de 1922 e falecido en Oleiros o 23 de decembro de 2009, foi un compositor galego, principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación Galega de Compositores. Tivo unha especial relevancia na diáspora galega.
http://cadernos.net/2013/11/09/graciela ... cia-picos/
Poblada soledad es hoy el mundo.